Guia docente 2010_11
Facultade de Belas Artes
Máster Universitario en Arte Contemporánea. Creación e Investigación
 Materias
  Prácticas Externas
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados Seguimento das Prácticas Externas: Fundaméntanse nunha avaliación continuada do estudante polo profesor coordinador a través de titorías individualizadas ou en grupo que se convocarán ou acordarán coa suficiente antelación. 40
Informes/memorias de prácticas externas ou prácticum 1. Informe avaliativo do titor-colaborador: Permitirá tomar en consideración as valoracións realizadas polos responsables institucionais das Prácticas, nos centros colaboradores. A tal efecto, cada titor disporá de un modelo de informe no que deberá expresar os seus suizos sobre o labor desenvolto polo estudante no período de prácticas.

2. Memoria das Prácticas Externas: Consiste nun documento no que o estudante presentará:
a. Contextualización das Prácticas
b. Descrición da experiencia mantida ao longo do período de estadía na institución: actividades específicas realizadas, recursos e técnicas empregados, etc.
c. Reflexións e valoracións sobre ela, dende o punto de vista académico
d. Autoavaliación na que consten referencias aos obxectivos acadados, grao de implicación persoal, etc.
e. A memoria será redactada con rigor académico -cuidando especialmente o léxico e a redacción- e seguindo unha sistematización apropiada que incluirá índice, introducción, bibliografía, anexos, etc.
60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A data de entrega da Memoria é improrrogable. Só en casos excepcionais -principalmente cuestións relativas á propia institución de acollida ou en situación grave por parte do alumno/a- poderá ser ampliado o prazo polo profesor coordinador das Prácticas, sempre que esta consulta se faga coa suficiente antelación e as causas estean debidamente xustificadas.



 Para superar a materia o estudante deberá cumprir as titorías establecidas, as horas de permanencia sinaladas na institución e entregar nos prazos acordados toda a documentación que xa se citou, nun único volume e baixo a denominación de Informe Final de Prácticas Externas do Mestrado en Arte Contemporánea, Creación e Investigación(que integra a memoria requerida)


Aqueles estudantes que deban recorrer á convocatoria de setembro seguirán as mesmas pautas sinaladas neste programa, adaptadas fundamentalmente ás datas desa convocatoria, é dicir: deberán asistir ao número de titorías estimado necesario polo profesor coordinador, realizar as 50 horas de prácticas na entidade, e entregar o correspondente Informe Final de Prácticas Externas do Mestrado en Arte Contemporánea, Creación e Investigaciónnos prazos correspondentes.


 


 


 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000