Guia docente 2016_17
Facultade de Belas Artes
Máster Universitario en Arte Contemporánea. Creación e Investigación
 Materias
  Prácticas Externas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Explicación aos estudantes por parte do coordinador sobre o proceso, desenvolvemento e institucións nas que se vai a facer a experiencia preprofesional que supoñen as Pácticas Externas.
Traballos tutelados O estudante, de maneira individual ou en grupo, elabora un documento sobre os seus principais intereses, de maneira a precisar o ámbito adecuado das súas prácticas e expor posibles actividades.
Seguirá a prospección de empresas, institucións, ou algún artista profesional. O alumno deberá tomar contacto persoalmente e propor as súas prácticas.
Proporase unha lista de institucións colaboradoras coa Universidade de Vigo.
Se non existe un contrato de colaboración coa Universidade de Vigo, deberá ocuparse dos trámites.
En todo momento terá o apoio do docente da materia, que proporcionará as informacións necesarias, e os documentos.

Trátase dunha actividade autónoma de/dos estudante/s que inclúe a procura e recollida de información, contactos directos cos axentes exteriores, control da documentación administrativa...
Estudos/actividades previos Aquelas actividades relacionadas cos traballos tuteados, a realizar de maneira autónoma por parte do alumnado.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Redacción da Memoria segundo pautas indicadas no documento INFOS en FAITIC.
Prácticas externas O estudante desenvolve as actividades nun contexto relacionado co exercicio dunha profesión, durante un período determinado e realizando as funcións asignadas e previstas na proposta de prácticas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000