Guia docente 2016_17
Facultade de Belas Artes
Máster Universitario en Arte Contemporánea. Creación e Investigación
 Materias
  Prácticas Externas
   Competencias
Código Descrición
C1 Ga) Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos e resolver problemas dentro dun contexto interdisciplinar no ámbito das Belas Artes.
C4 Gd) Capacidade para integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir de informacións incompletas ou limitadas, que inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais, éticas e culturais vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
C10 Ed) Coñecer e resolver problemas específicos dos procesos creativos en distintos ámbitos de produción artística.
C13 Eg) Capacidade para valorar a realidade da creación artística contemporánea.
C15 Ei) Capacidade para desenvolver traballo en equipo.
C18 O) Capacidade para transferir os coñecementos adquiridos á práctica artística, investigadora ou profesional mediante os recursos e metodoloxías adecuados.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000