Guia docente 2017_18
Facultade de Belas Artes
Máster Universitario en Arte Contemporánea. Creación e Investigación
 Materias
  Perspectivas Actuais
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Resolución de problemas O profesorado formula problemas e/ou exercicios orientando, individualmente ou en grupo, sobre o seu desenvolvemento conceptual.
Debate O diálogo estudante-profesorado e unha dinámica interactiva do colectivo na clase son necesarios para o bo desenvolvemento da materia.
Aprendizaxe baseado en proxectos Orientación crítica do proxecto de creación-investigación que estea a realizar o estudante. Os profesores acometerán un seguimento personalizado do traballo proposto, facéndolle as observacións e os comentarios críticos necesarios para conseguir a consciencia e a coherencia da proposta, e procedendo ás correccións e axustes metodolóxicos e procesuais que precise a materialización do seu proxecto.
Estudos/actividades previas Ao estudante daráselle a coñecer a obra de autores de referencia específica e seralle recomendada unha bibliografía axustada á súa proposta.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000