Guia docente 2017_18
Facultade de Belas Artes
Máster Universitario en Arte Contemporánea. Creación e Investigación
 Materias
  Perspectivas Actuais
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas Formúlanse problemas e/ou propostas relacionados coa materia impartida. O estudante debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas mediante a aplicación de hipótese e de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados.
Estudo de casos/análises de situacións Análise dun feito, acontecemento ou suceso artístico coa finalidade de comprendélo, interpretálo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflectir, completar coñecementos e entrenarse en procedementos alternativos de solución.
Saídas de estudo/prácticas de campo Actividades de aplicación dos coñecimentos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedimentais relacionadas coa materia obxecto de estudo. Desenvólvense en espazos non académicos exteriores.
Entre elas pódense citar prácticas de campo, visitas a eventos, centros de arte, museos, galerías de arte, institucións... de interese académico-profesional para o estudante.
Debate Charla aberta entre un grupo de estudantes. Pode centrarse nun tema dos contidos da materia, na análise dun caso, no resultado dun proxecto.
Aprendizaxe baseado en proxectos O estudante traballará de forma individual na súa proposta artística, cun seguimento personalizado e continuo, que estará guiado pola orientación crítica do profesorado.
Estudos/actividades previas Facilítanse referentes e fontes bibliográficas específicas para o desenvolvemento do proxecto.
Lección maxistral Exposición por parte do profesorado dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo ou proxecto a desenvolver polo estudante.
O profesorado exporá os contidos da materia coa axuda de material audiovisual.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000