Guia docente 2014_15
Facultade de Belas Artes
Máster Universitario en Arte Contemporánea. Creación e Investigación
 Materias
  Laboratorio de Unicidade
   Competencias de titulación
Código Descrición
A1 Ga) Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos e resolver problemas dentro dun contexto interdisciplinar no ámbito das Belas Artes.
A2 Gb) Capacidade de síntese, análise e pensamento crítico relacionado coa investigación e a creación artística.
A3 Gc) Capacidade para concibir e estruturar proxectos de investigación con rigor académico.
A4 Gd) Capacidade para integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir de informacións incompletas ou limitadas, que inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais, éticas e culturais vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
A5 Ge) Capacidade para expoñer e comunicar oralmente e por escrito os seus coñecementos a un público especializado e non especializado de xeito claro e sen ambigüidades.
A6 Gf) Capacidade para adquirir habilidades de aprendizaxe que lle permita continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido e autónomo.
A7 Ea) Capacidade para recoñecer a vinculación entre a teoría e a práctica como eixo da investigación en Belas Artes.
A8 Eb) Capacidade para analizar e contextualizar tendencias artísticas innovadoras.
A10 Ed) Coñecer e resolver problemas específicos dos procesos creativos en distintos ámbitos de produción artística.
A11 Ee) Coñecer e saber manexar instrumentos, recursos e métodos para a produción creativa e artística.
A12 Ef) Coñecer e saber manexar recursos e procedementos metodolóxicos que lle permitan analizar, indagar e desenvolver investigacións no terreo da teoría da arte.
A13 Eg) Capacidade para valorar a realidade da creación artística contemporánea.
A14 Eh) Capacidade para recoñecer a importancia do desenvolvemento persoal na planificación e produción de proxectos artísticos.
A15 Ei) Capacidade para desenvolver traballo en equipo.
A16 Ex) Capacidade de reflexión e de autocrítica.
A18 O) Capacidade para transferir os coñecementos adquiridos á práctica artística, investigadora ou profesional mediante os recursos e metodoloxías adecuados.
A19 Em) Capacidade para ordenar os pasos técnicos conducentes á realización dunha obra de arte.
A22 Eq) Desenvolvemento de habilidades cognitivas avanzadas relacionadas coa creación dun perfil artístico e investigador no TFM.
A24 E) Capacidade para organizar un proxecto expositivo de obra artística para un espazo específico e nun tempo concreto (TFM).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000