Guia docente 2014_15
Facultade de Belas Artes
Máster Universitario en Arte Contemporánea. Creación e Investigación
 Materias
  Laboratorio de Número
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios O proxecto realizado ao longo do curso polo alumno será presentado publicamente. Para iso deberá realizar unha memoria final. 20
Obradoiros Os profesores da materia cualificarán o proxecto segundo os criterios de avaliación seguintes:
A. Comprensión, desenvolvemento e interiorización dos procedementos técnicos e conceptuais empregados.
B. Nivel de resolución material, e adecuación ás intencións e aos orzamentos expresivos.
C. Grao de riqueza e complexidade sensible, estrutural e conceptual.
D. Grao de interiorización e de resposta persoal aos desenvolvementos da arte actual en calquera das súas manifestacións.
E. Capacidade de experimentación, e indicios de innovación no campo especificamente explorado.
F. Interese plástico e expresivo da obra.
70
Sesión maxistral A asistencia ás clases teóricas será imprescindible para aprobar esta parte da avaliación. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Datas de avaliación Convocatoria Ordinaria: 13 de maio ás 18:30 h

 

Datas de avaliación Convocatoria Extraordinaria de xullo:
4 de xullo ás 18:30 h

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000