Guia docente 2010_11
Facultade de Belas Artes
Máster Universitario en Arte Contemporánea. Creación e Investigación
 Materias
  Laboratorio de Tempo
   Recomendacións


 
Outros comentarios
O alumnado deberá presentar un proxecto audiovisual propio (obra final), segundo os mesmos parámetros que se transmitiron e impartiron na materia. Este proxecto deberá realizarse ata a data da convocatoria baixo titorización dalgún ou todos os docentes da materia e, polo tanto, os profesores deberán coñecer o proceso de realización deste traballo e saber que será presentado como resultado para avaliar na segunda convocatoria da materia (xullo). Para isto, o alumnado deberá manter contacto, nos horarios de titorías que se estipulen, cos profesores implicados. Xunto co proxecto audiovisual (obra final), o alumno deberá presentar unha memoria do proxecto, ademais dun traballo de documentación do tema que aborde e sirva como base de investigación do seu proxecto, segundo o mesmo tipo de guión que previu que se estipulase na materia. A cualificación obtida como nota final da materia valorarase da seguinte maneira: proxecto audiovisual (70%); memoria do proxecto+traballo de documentación (30%).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000