Guia docente 2012_13
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Información Básica

Trátase dunha carreira encadrada na rama de Artes e Humanidades. O seu obxectivo é a formación, a través da creación artística e a súa análise, de profesionais capaces de identificar, entender e desenvolver os problemas e os procesos da arte, favorecendo a reflexión e a integración da creación artística no contexto sociocultural contemporáneo. A formación que ofrece está baseada na concepción da arte como unha forma de coñecemento, integrando a práctica e a teoría nun saber facer capaz de transmitir experiencias e contidos que inciden na produción de novos coñecementos.

Estructura
Os estudos de grao constan de catro cursos distribuídos en oito cuadrimestres. O título de graduado da acceso a estudos de posgrao (master, doutoramento...).

Saídas profesionais
As saídas profesionais abranguen os campos seguintes:
- A creación artística (artista plástico en todas as técnicas e medios creativos).
- Creativo no ámbito audiovisual e das novas tecnoloxías.
- Creativo no ámbito da imaxe.
- Experto cultural, asesoría e dirección artística.
- Profesor (docencia e educación artística).
- Outros profesionais especialistas artísticos.

Obxectivos da titulación
- Dotar o estudantes dos instrumentos necesarios para a integración dos seus coñecementos en procesos de creación autónomo e/ou de experimentación interdisciplinar, de maneira que poidan desenvolver a súa práctica artística en todo tipo de formatos e espazos culturais.
- Preparar ó estudante para unha práctica artística profesional que lle permita tanto asumir un compromiso coa realidade contemporánea como recibir o pleno recoñecemento social das súas competencias.
- Capacitar os graduados para poderen continuar cuns estudos de posgrao nacionais ou europeos.

Acceso
As vías de acceso son as xerais establecidas para a Universidade, podendo cursas satisfactoriamente os estudos os titulados en calquera rama de bacherelato.

Perfil de ingreso
O perfil de ingreso é o propio dun nivel de bacherelato. As características persoais e académicas daquelas persoas que se consideran máis axeitadas para iniciar os estudos de Grao en Belas Artes son as seguintes:
- Coñecementos básicos sobre a arte e a cultura nas súas diferentes manifestacións e contextos.
- Inquedanza e curiosidade polas manifestacións da arte e a cultura contemporáneas.
- Habilidades básicas e sensibilidade para o manexo de ferramentas e materiais.
- Capacidade para a aceptación da diversidade cultural.
- Sensibilidade para a apreciación da arte e a cultura tanto como manifestacións sociais coma indivisuais.
- Capacidades sensoriais e perceptivas ligadas ao campo de coñecemento.
- Capacidades básicas para a expresión oral e escrita e para a comprensión lectora.
- Habilidades sociais básicas para o traballo en equipo.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000