Guia docente 2017_18
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Transmisión, mediación e educación artística
   Recomendacións


 
Outros comentarios
É interesante o feito de estudar esta materia no segundo cuadrimestre en paralelo co Traballo de Fin de Grao. Por isto, a materia servirá ao alumnado para cuestionarse asuntos como a comunicación dentro da súa propia creación, os recursos que pode utilizar para transmitir mellor unha idea artística ou a posibilidade de exercer como mediador/a entre os/as artistas e o resto das persoas interesadas na arte. Doutra banda, ao tratarse do último cuadrimestre do grao, ao alumno ábrenselle camiños profesionais, que poderá consolidar cunha especialización no mundo da educación artística regulada polo sistema educativo ou a educación artística non regulada en talleres e academias, no mundo do deseño de recursos educativos, etc. TITORÍAS Silvia García: de 12:30h a 13:30h. os luns, e os xoves de 14:00 h a 17:00 h. no despacho da profesora, silviagarcia@uvigo.es Begoña Paz: xoves de 9:30 a 11:00 h. no despacho da profesorea
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000