Guia docente 2019_20
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Transmisión, mediación e educación artística
   Contidos
Tema Subtema
Teoría do ensino-aprendizaxe. Perfil do artista / educador/a.

Función da educación artística.

Modelos de aprendizaxe baseados na arte.

Recursos para a aprendizaxe e a comunicación.
O proceso creativo, a súa estrutura e o seu método de traballo: o proxecto. As fases do proceso creativo.
Modelos e estrutura dun proxecto creativo.
A transmisión do coñecemento da arte: a figura do/a artista como mediador/a. As áreas de coñecemento da arte: historia, estética, linguaxe artística e procedementos. As relacións existentes entre estas catro áreas nos distintos momentos históricos.

A reflexión sobre a experiencia e a práctica artística.

Os espazos profesionais que conteñen a educación artística non regulada polo sistema educativo.
O deseño dun prototipo / aplicación como recurso educativo para a transmisión do coñecemento da arte. A dimensión didáctica da arte. Pedagoxía, arte e deseño.

Análise de xogos e xoguetes para a educación artística.

Recursos didácticos publicados nos museos de arte contemporánea.

Libros e literatura para a educación da arte.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000