Guia docente 2017_18
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Artes afíns
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Valorarase:
Asistencia ás clases e puntualidade.
Participación no desenvolvemento da clase.
10 B1
B3
B6
B7
B12
B15
Traballo tutelado Valorarase:
Comprensión, asimilación e aplicación dos contidos da materia.
Complexidade e profundidade de análise.
Orixinalidade do enfoque e achegas persoais á análise.
Claridade da análise e da redacción.
Calidade da redacción e uso do léxico.
Cumprimento na data de entrega.
60 C1
C2
C8
C21
C23
C24
C25
Debate Valorarase:
Participación nos debates.
Achegas e enfoques perdoais.
Capacidades analítica, crítica e argumentativa.
5 C8
C21
C33
C35
C45
C47
Traballos de aula Valorarase:
Asimilación e aplicación dos contidos impartidos no aula.
Interese do traballo e a súa adecuación á proposta.
Orixinalidade do enfoque.
Implicación no exercício.
No seu caso, cumprimento na data de entrega.
25 B1
B3
C5
C21
C23
C33
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación será contínua. A asistencia sistemática ás actividades programadas, a implicación e a participación son factores imprescindibles cara a consecución dos obxectivos da materia. 

Para a mellora e a recuperación na aprendizaxe, é necesario que o/a alumno/a adquira solvencia teórica formulándolle dúbidas ao profesorado, participando nos debates desenvolvidos na aula, consultando a bibliografía recomendada, estudando o material subministrado, etc. Tamén é preciso que efectúe unha revisión crítica dos traballos e proxectos realizados e que incremente o seu coñecemento práctico mediante a asistencia ás manifestacións culturais dos eidos do cinema, a danza, o teatro, a música, a arquitectura e o deseño.

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE XULLO E FIN DE CARREIRA: Indicaráse a cada estudiante aqueles traballos que debe presentar ou completar e/ou se ten que realizar algunha proba de avaliación específica.

Probas de avaliación de convocatorias extraordinarias:

http://belasartes.uvigo.es/bbaa/index.php?id=31

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000