Guia docente 2014_15
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Arte e contemporaneidade
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Seminarios Proponse a comprensión e/ou diagnóstico de escenarios que atinxen á arte na actualidade. A análise de actividades relacionadas coa arte contemporánea e a súa estrutura no social será o foco de atención da práctica seminarial.
Actividades introdutorias Presentamos unha posta en contacto entre a organización dos recursos conceptuais e discursivos do alumno e os contidos que desenvolverá a materia. As actividades introdutorias buscan a complicidade entre o alumno, a materia e os profesores que a imparten.
Debates A materia propiciará o debate no concernente ao desenvolvemento persoal e á formación dun criterio ideolóxico e social. O contemporáneo caracterízase pola construción dun sentimento formado por múltiples pensamentos contrarios e en constante emerxencia.
Sesión maxistral Construír un corpo teórico de reflexión que lle permita ao alumnado interrogarse sobre as cuestións que conforman a práctica artística no contexto das dinámicas culturais actuais.
Resolución de problemas e/ou exercicios Trátase de potenciar o traballo en grupo mediante a resolución de cuestións que teñen que ver coa actividade artística, sendo esta un vehículo de colaboracións cada vez máis interdisciplinar.
Presentacións/exposicións Facer posible o desenvolvemento de capacidades no alumnado que lle permitan desenvolverse plenamente no ámbito discursivo da arte contemporánea.
Saídas de estudo/prácticas de campo Coñecer in situ e en directo todo o ambiente que conforman as actividades propias da arte contemporánea.
Titoría en grupo Incentivar a autoavaliación onde todo o grupo cuestiona e analiza o resultado alcanzado polos membros do grupo. Conseguir, ademais, que o grupo se unifique mediante obxectivos comúns.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000