Guia docente 2018_19
Facultad de Bellas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Procesos de espazo e tempo
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Lección maxistral Explicación de temas xerais da materia mediante catro sesións de traballo, de 2 horas e media de duración cada unha, que serán repartidas ao longo do cuadrimestre. Impartiranse en aula teórica, e en datas sinaladas que se anunciasen con antelación.
Resolución de problemas Proposta de catro exercicios prácticos explicados ao longo do cuadrimestre en sesións curtas que se impartirán no espazo da aula. Os exercicios serán de carácter presencial, realizándose no espazo 27, aula da materia para os traballos prácticos, ao longo do cuadrimestre coa supervisión dos profesores. Terán unha temporalización diferente; cunha duración entre tres e catro semanas.
Titoría en grupo Esta actividade consiste fundamentalmente no seguimento e presentación dos progresos que se vaian producindo con respecto aos exercicios non presenciais e as lecturas propostas.
Probas Descrición
Exame de preguntas de desenvolvemento Proporase un quinto exercicio (relacionado cos procesos de documentación espazo-temporal), de carácter non presencial. Será explicado nunha sesión de traballo que se impartirá no espazo da aula, e o seu desenvolvemento completo terá unha duración aproximada de dous meses e medio. Ao principio do cuadrimestre proporanse unhas lecturas obrigatorias, ao final do cuadrimestre farase unha proba tipo test para comprobar se se realizaron as lecturas.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000