Guia docente 2014_15
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Procesos de espazo e tempo
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Realizaranse tres tipos de actividades: -Explicación de temas xerais da materia mediante catro sesións de traballo repartidas ao longo do cuadrimestre e anunciadas oportunamente. -Proposta de tres bloques de exercicios prácticos explicados ao longo do cuadrimestre en sesións de 30 min. -Presentación e contextualización dos textos de lectura obrigatoria (aprox. 1h.).
Resolución de problemas e/ou exercicios É o traballo propiamente de creación artística no obradoiro onde el profesor titorizará in situ o desenvolvemento e avance do traballo, realizando correccións, comentarios e orientacións nas diferentes sesións do obradoiro.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Compútase un tempo de busca de información para a realización do traballo de obradoiro, así como o tempo de lecturas obrigatorias que se precisan para superar a materia.
Titoría en grupo Esta actividade consiste no seguimento e presentación de traballos prácticos en pequenos grupos de estudantes.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000