Guia docente 2019_20
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Arte: Arte e modernidade
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas.
Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa.
O estudante presenta o resultado obtido na elaboración dun documento sobre a temática da materia, na preparación de seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc.
Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo, de forma oral ou escrita…
25 B1
B2
C1
C2
C5
C8
C21
Lección maxistral A asistencia ás clases teóricas é fundamental para a correcta asimilación dos contidos da asignatura. 5 B1
C2
C5
C8
C21
Resolución de problemas e/ou exercicios Pobas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de maneira directa e breve en base aos coñecementos que teñen sobre a materia.ción dunha proba teórica 70 B1
B2
C5
C8
C21
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Arte e Modernidade é unha
asignatura impartida pola profesora Susana Cendán. (scendan@uvigo.es)

A metodoloxía da asignatura
estructúrase en clases teórico/prácticas. As CLASES TEÓRICAS (2 horas á semana) consisten na exposición oral dunha
serie de conceptos apoiados en soportes audiovisuais cuxo obxectivo é que o
alumno alcance puntos de vista propios e globalizadores sobre os contidos da
materia. As introducións teóricas inician ao alumno no territorio da Historia
da Arte de forma gradual e ordenada.

A asistencia ás clases teóricas é
un requisito imprescindible para a correcta comprensión dos contidos do
programa, supoñendo a mesma un 5% do valor da asignatura.

Desaconséllase o acceso á aula
unha vez transcurridos 10 minutos desde o comezo da clase, prégase puntualidade
e a desconexión dos dispositivos móviles. EN
NINGÚN CASO ESTÁ PERMITIDO GRABAR Á PROFESORA NO TRANSCURSO DA CLASE.

 

As CLASES PRÁCTICAS estructúranse
en catro grupos ou seminarios de traballo (P1, P2, P3 e P4) dunha hora de
duración. As clases prácticas amplían e profundan nos contidos teóricos da
asignatura, permitindo desenvolver análises sobre problemáticas concretas así
como unha participación real e eficaz do alumno.

Os contidos das clases prácticas
son hetereoxéneos e varían en función da actualización anual dos contidos:
lecturas e análises de textos, ciclos de cine, exercicios prácticos de repaso
da asignatura, accións artísticas, debates sobre problemáticas relacionadas coa
creatividade, saídas de estudos, etc.

Para que se contabilicen as clases prácticas, só se
permitirán 2 FALTAS e xustificadas.

Prégase a máxima puntualidade. Os alumnos que cheguen unha
vez transcorridos 10 minutos desde o comezo da práctica non se lles valorará a
mesma.

A formación dos grupos de traballo ten un carácter limitado
no tempo. O primeiro día de clase a profesora indicará o prazo para a
conformación dos grupos.

Sobre as horas de traballo
autónomo do alumno.
O modelo educativo do EEES (Espazo Europeo de Educación
Superior) aboga por metodoloxías docentes orientadas a favorecer a aprendizaxe
activa do estudante, a súa implicación e autonomía. A aprendizaxe non comeza e
remata no aula. O alumno, como protagonista do seu proceso de aprendizaxe, debe
asumir o papel de actor principal e actuar consecuentemente, tanto dentro como
fora do aula: a súa formación depende en gran medida do traballo que realiza
fora do aula. Así o contempla o sistema de transferencia de créditos ECTS.

En definitiva, a avaliación da asignatura Arte e Modernidade
conxuga as modalidades que se detallan a continuación:

 1. Unha avaliación continuada
baseada na asistencia e realización dos exercicios e actividades propostas aos
grupos de traballo no seu correspondente seminario. A perteneza a un grupo de
traballo é inamovible. Non se valorará a realización de exercicios fora do
grupo de traballo correspondente. Si o seguimiento do traballo é discontinuo
(máis de dúas faltas) non se valorará. Terase en conta a puntualidade das
entregas dos exercicios nas datas estipuladas. A falta de puntualidade nas
entregas valorarase negativamente. A avaliación continuada supón un 25% do
valor da asignatura.

2. Unha avaliación final formalizada nunha proba de exame de
carácter sumatorio, e cuxo valor supón un 70% do total da asignatura. A
aplicación da presente proba permítelle ao profesor analizar resultados e obter
valoracións individuais dos alumnos ao final do cuatrimestre.

ACLARACIÓNS IMPORTANTES:

1. Para que se contabilicen as prácticas (é dicir, para que
éstas fagan media co exame teórico) haberá que sacar un mínimo de 4 puntos na
proba teórica.

2. IMPORTANTE: As convocatorias de xuño/xullo son dúas
convocatorias diferentes. En ningún caso se pode entender a convocatoria de
xullo como unha oportunidade para subir nota.

3. Na proba de xullo non se terá en conta as prácticas
realizadas durante o curso. A nota que se valorará sera, exclusivamente, a
obtida ba proba de exame.

DATAS DE EXAMES:

1. Convocatoria de MAIO:

P1P2 Mércores 20 de maio de 11.15 a 12.45 horas (Salón de
Actos)

P3P4 Xoves 21 de maio de 15.30 a 17.00 horas (Salón de
Actos)

2. Convocatoria de XULLO: Por confirmar

P1P2P3P4 (Salón de Actos)

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000