Guia docente 2019_20
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Expresión artística: Materia-Cor
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Valorarase a asistencia e a participación nas sesións. 10 C1
C2
C6
Debate Terase en consideración a participación, así como o nivel de comprensión dos contidos de cada traballo e a capacidade de verbalización. 10 B15
C36
Traballo tutelado Valorarase a dedicación e o nivel de implicación en cada traballo, así como a capacidade de aportar solucións creativas. Ademais de valorar capacidades de adaptación do resultado final á formulación inicial proposta, apreciaranse as habilidades adquiridas no manexo formal e conceptual dos materiais e experimentación técnicas. 70 C2
C9
C12
C14
C19
C20
C31
C42
Presentación Consiste na presentación oral do traballo de aula realizado. Valoraranse as capacidades de expresión oral e de transmisión da proposta. A preparación previa por parte do estudante para cada exposición é esencial. 10 C2
C6
C31
C36
 
Outros comentarios sobre a Avaliación


A asistencia sistemática, a implicación e a participación en clase son factores imprescindibles para a consecución dos obxectivos da materia. A actividade de docencia/aprendizaxe céntrase principalmente na resolución de traballos e exercicios no aula, polo que a asistencia puntual e participación en clase son factores imprescindibles para superar a materia. En consecuencia, e coa metodoloxía citada, establécese un sistema de avaliación contínua pola que cada estudante poderá coñecer a súa situación na adquisición dos obxectivos en relación a cada traballo desenvolvido e presentado. 

No caso de non superar a materia no prazo normal que marca a convocatoria común, a proba extraordinaria consistirá, polo xeral, na repetición dos exercicios ou, noutros casos, un maior desenvolvemento dos exercicios relacionados coas competencias que non foron acadadas no seu nivel mínimo esixido.

Datas de convocatorias extraordinarias:

Fin de carreira: 28/outubro 2019, 10.00h

Xullo: 07/xullo 2020, 10:00h

http://belasartes.uvigo.es/bbaa/index.php?id=31


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000