Guia docente 2014_15
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Antropoloxía: Antropoloxía da arte
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Eventos docentes e/ou divulgativos Asistencia a charlas con debates realizados na clase por artistas en medios ou soportes non considerados na arte occidental, o que facilita a comprensión de varios dos obxectivos da materia e a valoración doutras sensibilidades artísticas.
Seminarios Actividades en grupo enfocadas ao traballo sobre un tema específico, que permiten afondar ou complementar os contidos da materia. Os puntos de partida para estes seminarios xorden do traballo de campo dos alumnos e da proxección de películas e documentais.
Resolución de problemas e/ou exercicios O alumno debe facer unha lectura comprensiva de textos sobre Antropoloxía e Antropoloxía da arte, organizar a recollida de datos do seu contexto persoal e presentalos ante os compañeiros. O alumno terá que utilizar as perspectivas propias da Antropoloxía para a comprensión do fenómeno artístico.
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos básicos da materia obxecto de estudo mediante a proxección de presentacións en PowerPoint que estarán a disposición dos alumnos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000