Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Máster Universitario en Enxeñería Aeronáutica
 Materias
  Materiais e producción aeroespacial avanzados
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Entrega de problemas propostos resoltos 10 A6
A7
A15
Prácticas de laboratorio Entrega de informes 15 A6
A7
A15
Prácticas con apoio das TIC Entrega de informes 15 A6
A7
A15
Traballo tutelado Entrega de memorias e realización de presentacións 30 A6
A7
A15
Exame de preguntas obxectivas Cuestionario 30 A6
A7
A15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O modelo de avaliación é avaliación continua. O/A estudante ten dereito a optar pola avaliación global segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria. O exame global consistirá nun exame escrito en data oficial que cubra todos os aspectos avaliados en avaliación continua.

PRIMEIRA OPORTUNIDADE: 

A materia avalíase en base a catro parámetros:

-Exames teórico-prácticos (nota máxima 2 puntos). Consistirán en dúas probas para cada unha das partes (materiais e produción). A primeira durante o desenvolvemento do curso e a segunda na data oficial de exame. 

Nestas probas avalíanse os coñecementos teóricos da materia, cuestións relacionadas cos problemas e prácticas mediante un exame tipo test e resposta curta. O primeiro exame valórase en 1 punto e o segundo en 1 punto. 

-Resolución de problemas (nota máxima 2 puntos). Avaliarase a entrega da resolución aos problemas expostos durante o curso nos prazos establecidos.

-Prácticas de laboratorio (nota máxima 1 punto). Deberase participar nas actividades propostas durante o curso e entregar os informes requiridos.

-Prácticas con apoio do TIC (nota máxima 1 punto). Deberase participar nas actividades propostas durante o curso e entregar os informes requiridos.

-Traballo tutelado (nota máxima 4 puntos). Deberase realizar o traballo solicitado e entregar unha memoria completa.

Aprobarán a materia aqueles alumnos que consigan unha nota igual ou superior a 5 puntos. Non se fará media no caso de que nunha parte a nota sexa inferior a 3,5 puntos, sendo a nota final de actas a nota da parte que non alcance o valor mínimo.

Non é posible recuperar ningunha proba a posteriori, salvo causa xustificada.

SEGUNDA OPORTUNIDADE: 

O método de Avaliación é o mesmo que o descrito para a PRIMEIRA OPORTUNIDADE.

Poderanse gardar traballos da primeira oportunidade con cualificación >5. En ningún caso gardarase a cualificación dos exames.

OUTRAS CONSIDERACIÓNS: 

En caso de detección de plaxio en calquera das probas, a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.

As probas desenvolveranse durante o cuadrimestre. O exame teórico-práctico inicial desenvolverase en data a definir e indicada ás/os estudantes con antelación suficiente. 

O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da EEAE atópase publicado na páxina web http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames

A evaluación fin de carreira seguirá os mesmos criterios ca evaluación de 2ª oportunidade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000