Guia docente 2017_18
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Matemáticas: Métodos matemáticos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Realización en grupo dunha colección de problemas de cada lección. Valórase a asistencia e participación activa. Posteriormente, o docente cualifica e revisa as actividades entregadas.

RA1, RA2
30 B2
C32
D1
D3
D4
D5
D6
D8
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realización de dúas probas parciais (15% cada unha) e dunha proba ao finalizar o cuadrimestre (40%) na que se recollen os contidos correspondentes ás sesións maxistrais e á resolución de problemas.

RA1, RA2
70 B2
C32
D1
D3
D4
D5
D6
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

En calquera convocatoria é necesario obter un 5 para aprobar a materia.

Avaliación xuño-xullo (asistentes):

O método de avaliación é o mesmo que en decembro-xaneiro, manténdose as cualificacións obtidas correspondentes á  resolución de problemas e/ou exercicios e de asistencia
e participación.

Procedemento de avaliación para non asistentes (decembro-xaneiro e xuño- xullo):

Realización dunha proba final na que se recollen os contidos correspondentes ás sesións maxistrais e á resolución de problemas. O exame puntuarase sobre 10.

Datas avaliación:

O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da EEAE atópase publicado na páxina web http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames.

Espérase que os estudantes presenten un comportamento ético
adecuado. En caso de detectar un comportamento ético non adecuado (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o/a alumno/a non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso
(0.0). No caso de ser necesario, poderase realizar un novo exame
para verificar a adquisición de competencias e coñecementos por parte
do alumnado implicado.

Lémbrase a prohibición do uso de dispositivos móbiles ou computadores portátiles en exercicios e prácticas dado que o Real Decreto 1791/2010, do 30 de decembro, polo que se aproba o Estatuto do Estudante Universitario, establece no seu artigo 13.2.d), relativo aos deberes dos estudantes universitarios, o deber de :

"Absterse da utilización ou cooperación en procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, nos traballos que se realicen ou en documentos oficiais da universidade".
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000