Guia docente 2017_18
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Química: Química
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Avaliaranse as capacidades dos alumnos relacionadas cos contidos
teóricos da asignatura e cos aspectos que derivan deles a traverso das partes teóricas e aplicadas dos exames parcial e final. A participación na cualificación final está medida pola importancia do tempo dedicada aos aspectos teóricos e aplicados na docencia de aula. Contémplase a posibilidade de adicar ata un máximo dun 5% da cualificación a premiar un traballo autónomo excelente. En todo caso, o conxunto de cualificacións adicionais por traballo autónomo en sesións magistrais, seminarios e prácticas de laboratorio só será otorgable aos alumnos que superen os exames, e non poderá superar o 10% da cualificación final.
55 A1
C4
D1
D4
D5
Seminario Os exercicios e os problemas da asignatura que se resolveron nos seminarios ou de xeito autónomo servirán de base para avaliar o cumprimento dos obxectivos nas partes prácticas dos exames parcial e final. A participación na cualificación final está medida pola importancia do tempo adicado aos aspectos prácticos na docencia de aula. Contémplase a posibilidade de outorgar cualificación adicional ata un máximo dun 5% para premiar traballo autónomo excelente. En todo caso, o conxunto de cualificacións adicionais por achegas individuais en sesións magistrais, seminarios e prácticas de laboratorio só será outorgable aos alumnos que superen os exames, e non poderá superar o 10% da cualificación final.
40 A1
C4
D1
D3
D4
D5
Outros Esta metodoloxía non terá repercusión na calificación final 0
Prácticas de laboratorio Contémplase a posibilidade de outorgar calificaciòn adicional para premiar traballo autónomo excelente que resulte en achegas relevantes para o traballo de laboratorio. En todo caso, o conxunto de cualificacións adicionais por traballo autónomo en sesións magistrais, seminarios e prácticas de laboratorio só será outorgable ós alumnos que superen os exames, e non poderá superar o 10% da cualificación final.
5 C4
D1
D4
D5
D6
D13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os exercicios e os problemas da asignatura que se
resolveron nos seminarios ou de forma autónoma servirán de base para avaliar o cumprimento dos obxectivos nas
partes prácticas dos exames parcial e final. A participación na cualificación final está medida pola importancia
do tempo dedicada aos aspectos prácticos na docencia de aula. Avaliaranse vía exame as capacidades dos alumnos
relacionadas cos contidos teóricos da asignatura e cos aspectos que derivan deles a través das partes
teóricas e aplicadas. Prevese a posibilidade de realizar un exame parcial, de carácter voluntario, que tería como
único obxetivo evitar que a parte aprobada no parcial formase parte dos contidos do exame final. A participación na
cualificación final está medida pola importancia do tempo dedicada aos aspectos teóricos e aplicados na docencia de
aula. O exame final terá unha duración máxima estimada de 4 horas en total, con un descanso intermedio. 

A avaliación
realizarase sobre os seguintes principios: 

a) Clases prácticas. 

a.1) Alumnos con ensino presencial: teñen a obriga de
realizar as prácticas da asignatura dun modo que o profesor xulgue como satisfactorio. Aqueles alumnos que realicen
o traballo de laboratorio dunha forma que o profesor non xulgue satisfactoria deberán presentarse a un exame
específico de prácticas, nas mesmas condicións que os alumnos non presenciais (véxase máis abaixo). Superar as
prácticas é un requisito imprescindible para aprobar a asignatura. Os alumnos con ensino presencial que mostren un
desempeño excepcional en prácticas poderán ver aumentada a súa cualificación final na asignatura (coas
limitacións especificadas con anterioridade).

a.2) Alumnos con ensino non presencial: deberán comunicar ó profesor que
non cursarán ensino presencial coa maior prontitude, tras o cal convocaráselles
para realizar un exame de prácticas sobre os fundamentos e obxectivos destas. O
exame será o mesmo que treán que realizar os alumnos con ensino
presencial para os que o traballo no laboratorio non sexa considerado satisfactorio. Aprobar o exame de prácticas é
condición necesaria para superar a asignatura. 

b) Exames escritos. Realizarase
un exame final de 4 horas de duración estimada, con un descanso intermedio, que poderá incluír cuestións
teóricas e/ou aplicadas relativas á materia impartida, en forma de test ou de
preguntas curtas, así como exercicios e/ou problemas e/ou cuestións prácticas.
O exame final constará de dous partes (parte A e parte B
da asignatura). A parte A comprenderá os oito primeiros temas, e a parte B é resto do temario. En términos
xerais, aprobar a asignatura requirirá aprobar tanto a parte A e como a parte B. No seu caso, podería considerarse
compensar unha parte suspensa con nota próxima a 5 (A ó B) con outra aprobada
(B ó A), sendo requisitos imprescindibles que deben
cumprirse simultáneamente: a) que a media das dúas cualificacións sexa maior de 5, e b) que a cualificación máis baixa
sexa igual ou maior a 4. Prevese a posibilidade de realizar un exame parcial da parte A, de xeito dos alumnos que o aproben
poidan (si o desexan) realizar o exame final só da parte B. 

c) Primeira e segunda edicións. Si o alumno o desexa, na segunda edición pode manter as cualificacións de prácticas e/ou da parte A da asignatura e/ou da parte B da
asignatura. Si na segunda edición o alumno desexa manter a cualificación dalgunha(s) parte(s) da asignatura, deberá
advertilo ao profesor antes de realizar o exame. 

d) Outros aspectos da avaliación. Como aspectos complementarios ó
citado anteriormente, os alumnos que alcancen a suficiencia vía exame poderán obter cualificacións adicionais, coas
condicións e limitacións mencionadas máis arriba.

 e) Datas chave. Segundo datos dispoñibles a 02.06.2017, as datas
de realización dos exames finais da primeiro e segunda edicións serán o 10.05.2018 e o 06.07.2018 ; e as datas
asignadas para a realización de prácticas de laboratorio para o conxunto de grupos son como segue: 29 a 31 de xaneiro; 16
a 18 de abril; e 23 a 25 de abril de 2018. 

f) Outras consideracións. Calquera comportamento non ético (copia ou
intento de copia, utilización de recursos non permitidos, etc.) terá un efecto
na cualificación da asignatura proporcional á súa
gravidade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000