Guia docente 2017_18
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Expresión gráfica: Expresión gráfica
   Contidos
Tema Subtema
TEORÍA .
1- Introducción á Normalización 1.1-Gráficos na Enxeñaría para a visualización de datos, a comunicación e a definición dos obxetos.
1.2-Normalización e Linguaxe gráfica.
1.3-Organismos de Normalización.
1.4-Normas básicas para a elaboración de planos: formatos, escalas, liñas e vistas.
1.5-Principios xerais de representación. Selección de vistas e cortes. Normativa.
1.6-Sistemas europeo e americano. Adaptación ós sistemas CAD.
2- Curvas planas e as súas aplicacións 2.1-Cónicas: trazados, características e aplicacións.
2.2-Estudo proxectivo das cónicas.
2.3-Curvas de rodadura. Aplicacións.
2.4-Outras curvas: espirais, envolventes, evolutas, etc. Aplicacións.
2.5-Aprouximacións poligonais a unha curva plana.
2.6-Curvas alabeadas. A hélice. Evolución do triedro intrínseco.

3- Fundamentos e Técnicas dos Sistemas de Representación. 3.1-Fundamentos proxectivos dos sistemas de representación. Tipos de proxección.
3.2-Paso dun sistema a outro.
3.3-Pares, ternas e cuaternas. Invariantes.
3.4-Formas proxectivas.
3.5-Homoloxía e afinidade.
3.6-Sistema diédrico: medida de ángulos e distancias. Operacións básicas para a representación de corpos.
3.7-Sistema axonométrico directo e indirecto. Tipos de axonometría.
3.8-Sistema de planos acotados. Aplicacións: topografía e cubertas.
4- Visualización e representación de formas corpóreas 4.1-representación corpos nos diversos sistemas de representación.
4.2-Operacións específicas para a obtención de vistas nunha determinada dirección, interseccións e partes ocultas.
4.3-Determinación de verdadeiras magnitudes mediante abatementos, xiros e cambios de plano.
5- Superficies regradas e as súas aplicacións 5.1-Clasificación xeral das superficies.
5.2-Superficies regradas: desenvolvibles e alabeadas. Aplicacións.
5.3-Superficies curvas. A esfera. 5.4-As cuádricas. Aplicacións.
5.5-Interseccións entre superficies.
5.6-Superficies poliédricas. Tipos, características, elementos de simetría.
5.7-Agrupamento de poliedros e compartimentación do espazo.
6- Elementos e Formas de Acotación 6.1-Acotación. Elementos básicos.
6.2-Principios xerais de acotación.
6.3-Sistemas de referencia.
6.4-Tipos de acotación. Criterios.
6.5-Normativa básica.
6.6-Acotación funcional
6.7-Tolerancias Dimensionais. Axustes.
7- Representación de Elementos normalizados e Conxuntos 7.1-Representación de elementos normalizados. Elementos de unión. Elementos de transmisión. Outros.
7.2-Características dos debuxos de conxunto.
7.3-O ensamblaxe. Representación do conxunto.
7.4-Cotas nos debuxos de conxunto.
7.5-Listas de pezas.
7.6-O ensamblado 3D no ordenador, establecemento das relacións entre componentes, animacións, estudos de movemento e simulacións.
8- Fundamentos de simboloxía e representacións esquemáticas para Enxeñaría 8.1-Simboloxía en Enxeñaría. Iconicidade.
8.2-Representacións esquemáticas.
8.3-Aplicacións.
8.4-Normas.
PRÁCTICAS.
.
1- DESEÑO ASISTIDO POR ORDENADOR Presentación do programa por parte do profesor o primeiro día. Descripciós das principais características e posibilidades da ferramenta. Exercicios orientados ó adestramento e familiarización, cos comandos e funcións fundamentais. Procederase a xeración directa de modelos 3D dos que derivarán as vistas e cortes necesarios para a súa definición normalizada en 2D. Finalmente efectúase o ensamblado de compoñentes coas restricións axeitadas que permiten a animación dos mesmos e a simulación. Ó longo do curso utilizaranse os distintos tipos de cotas (conductoras, conducidas, dependentes dunha ecuación matemática ou dun parámetro) .
2- PRÁCTICAS ORDINARIAS Comezarase cun repaso das construccións xeométricas básicas, realizado á man, que necesariamente require de traballo na casa.
Cada parte teórica será complementada con exercicios a realizar durante as horas de práctica, nas sucesivas semanas, que o discente debe completar na casa. En paralelo realizarase o adestramento na aplicación e iranse resolvendo exercicios no computador de modo que se capacite ó estudante para elaborar o traballo final no ordenador.
3- TRABALLO PRÁCTICO (TrP) Proponse a realización dun traballo práctico (TrP) a desenvolver durante o curso, en grupos de 1-3 alumnos, a modo de pequeno proxecto relacionado con algún sistema ou mecanismo característico da titulación (conxunto, subconxunto ou grupo de compoñentes que desempeñen algunha función relacionada coa temática aeroespacial), no que atinxe á parte gráfica. A complexidade varía segundo a elección de cada grupo, e debe ser desenvolto durante o curso.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000