Guia docente 2016_17
Escuela de Ingeniería Aeronáutica y del Espacio
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Expresión gráfica: Expresión gráfica
   Contidos
Tema Subtema
TEORÍA .
1- Gráficos de Enxeñaría. Introducción á Normalización 1.1-Tipos de Gráficos na Enxeñaría para a visualización de datos, a comunicación e a definición dos obxetos.
1.2-Linguaxe gráfica.
1.3-A Normalización. Organismos.
1.4-Normas básicas para a elaboración de planos. Formatos. Liñas.
1.5-Informacións a incluir nos planos.
2- Xeometría Proxectiva 2.1-Tipos de proxección.
2.2-Pares, ternas e cuaternas de elementos. Invariantes proxectivos.
2.3-Formas proxectivas.
2.4-Estudio proxectivo das cónicas.
4- Fundamentos e Técnicas dos Sistemas de Representación. 4.1-Fundamentos proxectivos.
4.2-Clasificación e características.
4.3-Paso de un sistema a outro.
5- O Sistema Diédrico 5.1-Operacións con puntos, rectas e planos.
5.2-Incidencias, perteñencias e interseccións.
5.3-Abatementos, xiros e cambios de plano.
5.4-Perpendicularidade e paralelismo.
5.5-Medida de distancias e ángulos.
6- Superficies 6.1-Clasificación.
6.2-Superficies regradas: desenvolvibles e alabeadas. Aplicacións.
6.3-Superficies curvas. A esfera. Tanxencias e interseccións. A esfera por 4 puntos.
6.4-Cuádricas. Aplicacións.
6.5-Interseccións de superficies.
7- Poliedros. 7.1-Tipos de poliedros.
7.2-Os poliedros regulares. Propiedades e simetrías.
7.3-Poliedros semirregulares e irregulares.
7.4-Desenvolvemento. Interseccións.
7.5-Agrupamento de poliedros. Compartimentación do espazo.
8- Axonometrías 8.1-Tipos de axonometrías. A isométrica. A cabaleira.
8.2-Operacións no sistema axonométrico.
8.3-Triedros.
9- Planos acotados 9.1-Características do sistema de planos acotados.
9.2-Operacións no sistema de planos acotados. Topografía.
9.3-Cubertas.
10- Visualización e Representación de Formas Corpóreas. 10.1-Vistas normalizadas. Tipos e criterios de selección.
10.2-Cortes e seccións. Obtención e criterios de selección. Adaptación ós sistemas CAD.
10.3-Normativa básica para a definición exahustiva de formas corpóreas.
11- Elementos e Formas de Acotación 11.1-Acotación. Elementos básicos. 11.2-Principios xerais de acotación. 11.3-Sistemas de referencia.
11.4-Tipos de acotación. Criterios.
11.5-Normativa básica.
11.6-Tolerancias Dimensionales. Ajustes.
12- Representación de Elementos normalizados e Conxuntos 12.1-Representación de elementos normalizados. Elementos roscados.
12.2-Outros elementos normalizados.
12.3-Características dos debuxos de conxunto.
12.4-O ensamblaxe. Representación mediante vistas e cortes apropiados.
12.5-Cotas nos debuxos de conxunto.
12.6-Listas de pezas.
12.7-O ensamblaxe en 3D no ordenador, animacións, estudos de movemento e simulacións.
13- Fundamentos de simboloxía e representacións esquemáticas para Enxeñaría 13.1-Simboloxía en Enxeñaría. Iconicidade.
13.2-Representacións esquemáticas.
13.3-Aplicacións.
13.4-Normas.
PRÁCTICAS.
.
1- DESEÑO ASISTIDO POR ORDENADOR Presentación do programa por parte do profesor o primeiro día, con breve descripcións das principais características e posibilidades da ferramenta. Inicio con exercicios orientados ó adestramento, que impliquen un percorrido polos comandos e funcións fundamentais. Procederase a xeneración directa de modelos 3D da que derivarán as vistas e cortes necesarios para a súa definición normalizada en 2D. O ensamblado de compoñentes coas restricións axeitadas posibilta a animación dos mesmos e a simulación. Os distintos tipos de cotas (conductoras, conducidas, dependentes dunha ecuación matemática ou dun parámetro) irán aparecendo ó longo do curso.
2- PRÁCTICAS ORDINARIAS Comezarase cun repaso das construccións xeométricas básicas, realizado á man, que necesariamente require de traballo na casa.
Cada parte teórica será complementada con exercicios a realizar durante as horas de práctica, nas sucesivas semanas, que o discente debe completar na casa. En paralelo realizarase o adestramento na aplicación e iranse resolvendo exercicios no computador de modo que se capacite ó estudante para elaborar o traballo final no ordenador.
3- TRABALLO PRÁCTICO (TrP) Proponse a realización dun traballo práctico (TrP), en grupos de 2/3 alumnos, a modo de pequeno proxecto relacionado coa titulación (conxunto, subconxunto ou grupo de compoñentes que desempeñen algunha función relacionada coa temática aeroespacial), no que atinxe á parte gráfica. A complexidade varía segundo a elección de cada grupo, e debe ser desenvolto durante o curso.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000