Guia docente 2022_23
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Informática: Informática
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC Asistencia e participación activa 5 A1
C3
D3
D4
D5
D8
Prácticas de laboratorio Desenvolvemento de programas e documentos en que os e as estudantes reflicten as características dos traballos realizados. Os e as estudantes deben describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, mostrar os resultados ou observacións realizados, así como a análise e o procesamento de datos. 65 A1
C3
D1
D3
D4
D5
D6
D8
D9
Resolución de problemas Probas de avaliación que inclúen exercicios teóricos e prácticas para resolver. Os e as estudantes deben dar resposta á actividade formulada, aplicando os coñecementos teóricos e prácticos da materia de forma autónoma. 20 A1
C3
D3
D4
D5
D8
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas de avaliación que inclúen exercicios teóricos e actividades e problemas prácticos para resolver. Os e as estudantes deben dar resposta ás actividades formuladas, aplicando os coñecementos teóricos e prácticos da materia de forma autónoma. 10 A1
C3
D3
D4
D5
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación xuño-xullo:

O sistema de avaliación de xuño-xullo é o mesmo que en decembro-xaneiro, manténdose as cualificacións obtidas correspondentes á resolución de problemas e/ou exercicios e de asistencia e participación.

Estudantes non-asistentes ás clases presencias poden realizar un exame tanto en decembro como en xullo que cobre 100% da nota final.

Datas avaliación: o calendario de exames atópase publicado na páxina web http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000