Guia docente 2017_18
Escuela de Ingeniería Aeronáutica y del Espacio
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Física: Física I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e /ou exercicios de forma autónoma Os problemas resoltos polos alumnos serán avaliados polo profesor e poderán valer ata un 10% da nota final. 10 C2
D3
D6
Prácticas de laboratorio Para superar a materia é necesario realizar as prácticas de laboratorio. Avaliaranse mediante avaliación continua durante a realización das prácticas. 10 A1
C2
D1
D4
D6
D8
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Haberá dous exames ou probas de resposta longa no cuadrimestre de carácter eliminatorio.
Farase media das dúas probas, a condición de que se teña un mínimo de 4.5 (sobre 10) nos dous exames.
Se o primeiro exame está suspenso ou non presentado, só conta a nota do segundo no que entrará todo o contido da materia.
Se o primeiro exame é aprobado a materia superada non entrará no segundo exame.

O resultado da media dos dous exames debe ser igual ou superior a 5 sobre 10, para aprobar a materia.
80 A1
B2
C2
D1
D3
D4
D5
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O sistema de avaliación de xuño-xullo é o mesmo que o de decembro-xaneiro, manténdose as cualificacións obtidas correspondentes á resolución de problemas e/ou exercicios e ás prácticas.

Datas de avaliación:
O calendario de exames aprobado oficialmente pola Xunta de Centro atópase publicado na páxina web:
http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames

Deberán realizarse as prácticas de laboratorio para poder presentase a esta convocatoria.

Aqueles alumnos ou alumnas que non poidan asistir ás clases deberán presentarse ao exame final e sacar un cinco como mínimo para que se faga media coas prácticas. Neste caso o exame contará un 85% da nota e as prácticas un 15%
En resumo:


Do 100% da nota da materia temos:


- Exame/exames: ata un 80% (hai dous exames no cuadrimestre
faise media dos dous, a condición de que se teña un mínimo de 4.5 (sobre 10) nos dous exames). Se o primeiro exame está suspenso ou non presentado, só conta a nota do segundo no que entrará todo o contido da materia


- Exercicios: ata un 10%


- Prácticas de laboratorio: ata un 10%


Avaliación para alumnos que non asisten a clases

- Exame/exames: ata un 85% debe sacarse un mínimo de 5 sobre 10 para facer media coas prácticas.


- Prácticas de laboratorio: ata un 10%



MOI IMPORTANTE:


Para poder sumar todas as porcentaxes, o alumno o a alumna debe sacar como mínimo 5 na nota final do exame. Se o exame é un 80% da nota global, significa ter un mínimo de 40%. A duración do exame final será de 2.5 horas.


O alumnado suspenso en decembro ou non asistentes se poderán presentar na convocatoria de xullo a un exame que cubre todo o contenida da materia incluindo o temario das prácticas.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000