Guia docente 2022_23
Escola Superior de Enxeñaría Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Concorrencia e distribución
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación (P5) Elaboración de algoritmos ou aplicacións e as súas análises con certo nivel de formalismo para comprobar a corrección e estudar o rendemento. Avaliación cunha puntuación de 1-10, participación optativa e voluntaria. (RA1, RA2, RA3, RA4) 5 B5
B6
B9
C14
C15
C16
C17
C20
C28
D4
D5
D6
D7
D8
D11
D14
Resolución de problemas e/ou exercicios (P1) Conxunto de preguntas curtas para o control da realización de actividades, tarefas, e estudos. Media das probas realizadas cunha puntuación de 1-10. (RA1, RA2, RA3, RA4) 10 A1
A2
B5
B6
B9
C14
C15
C16
C17
C20
C28
D4
D5
D6
D7
D8
D10
D11
D14
Exame de preguntas de desenvolvemento (P2) Conxunto de preguntas longas que relacionan os diferentes apartados dos contidos e miden o nivel da aquisición das competencias da materia. Proba con puntuación de 1-10, mínimo requerido: 4. (RA1, RA2, RA3, RA4) 40 A1
A2
B5
B6
B9
C14
C15
C16
C17
C20
C28
D4
D6
D7
D8
D11
D14
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas (P3) Elaboración de informes (segundo unha guia) que recollen os principais desenvolvementos e resultados obtidos polo/a estudante. Partes da avaliación se realiza con "quizzes" en directo. Media das avaliacións das actividades con puntuacións de 1-10.
(RA1, RA2, RA3, RA4)
25 A3
A5
B5
B6
B9
C14
C15
C16
C17
C20
C28
D4
D5
D6
D7
D8
D10
D11
D14
Práctica de laboratorio (P4) Demonstración dos desenvolvementos e implementacións das tarefas de programación e experimentos de estudo. Media das avaliacións das actividades con puntuacións de 1-10, mínimo requerido: 4. (RA1, RA2, RA3, RA4) 25 A3
A5
B5
B6
B9
C14
C15
C16
C17
C20
C28
D4
D5
D6
D7
D8
D10
D11
D14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Enténdese que unha ou un estudante que non participa en polo menos 80% das actividades presenciais é non-asistente e por consecuencia sumétese á forma de avaliación para non-asistentes. A decisión de ser non-asistente toma ou ben o/a estudante ao principio do curso ou ben o profesor cando estea claro que xa non se pode alcanzar un 80% de asistencia nas actividades presenciais.

Criterios de avaliación para asistentes 1ª edición das actas:

Avaliación de teoría: Realización de diferentes actividades (p.ex. lectura de bibliografía, elaboración de esquemas, estudo de manuais, etc.) e verificación mediante probas curtas escritas ao longo do curso (incluso de modo inesperado) que recollerán contidos de carácter teórico e práctico correspondentes á materia impartida durante ás clases de aula e nos estudos autónomos (P1). Realización dun exame escrito final (P2) con preguntas de diferente índole.

Avaliación de prácticas: Avalíase a realización dos exercicios de elaboración propostos (P4), a elaboración da documentación e dos informes relacionados (P3). Realización dun traballo opcional hacia finais das clases presenciais (P5).

Para as/os asistentes o espírito do cálculo da nota final da materia é o seguinte: hai unha combinación de probas teóricas e prácticas ao longo do curso e ao seu final para avaliar as competencias adquiridas. Bos resultados nunha parte poden compensar resultados non tan bos noutra parte, non obstante hai que acadar un mínimo nos dous apartados máis relevantes (P2 e P4).

A nota final obtense do seguinte xeito asumindo que cada parte (P1-P5) se avalía cunha escala de 0-10:

A materia é suspensa si P2 menor que 4 ou P4 menor que 4 (en acta figurará a nota do apartado máis alta que motiva o suspenso). A materia é aprobada se se cumpre min(10,0.1*P1+0.4*P2+0.25*P3+0.25*P4+0.05*P5) maior ou igual que 5, senón suspenso.

Criterios de avaliación para non asistentes:

Metodoloxía/Examen: Para non asistentes, avalíase o/a estudante cun exame escrito final que cobre todo o contido da matería e mide a adquisición das competencias da materia por parte do/a estudante (permitindo un mostreo aleatorio para confinar o tempo do exame a 3 horas). % Cualificación: 95%. Competencias avaliadas: todas. Resultados de aprendizaxe avaliados: todos.

Metodoloxía/Prácticas: Entrega das prácticas propostas nas clases prácticas. % Cualificación: 5%. Competencias avaliadas: todas. Resultados de aprendizaxe avaliados: RA2, RA3, RA4.

Criterios de avaliación para 2ª edición das actas:

Estudantes que non alcanzan polo menos un aprobado na primeira avaliación se someten ao mesmo estilo de probas cas anteriores avaliacións feitas por eles. Teñen a posibilidade de remediar calquera dos apartados en actividades agás os apartados "preguntas curtas" (P1) e "resolución de problemas e/ou exercicios" (P5) de recuperación para a segunda edición das actas.

Tamén poden elixir ser avaliados polos críterios de avaliación para non-asistentes, se o desexan.

Criterios de avaliación para as actas fin de carreira:

Dado que os exames fin de carreira se realizan ao principio do curso, se avalía de maneira non-asistente coa posibilidade da avaliación do informe e das entregas das prácticas mediante os traballos xa realizados ao longo do curso matriculado previo.

O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da ESEI atópase publicado na páxina web http://www.esei.uvigo.es. Existe unha coordinación entre as materias do mesmo curso para equilibrar o proceso da avaliación continua durante o curso.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000