Guia docente 2019_20
E. S. de Enxeñaría Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Concorrencia e distribución
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios (P1) Conxunto de preguntas curtas para o control da realización de actividades, tarefas, e estudos. Media das probas realizadas cunha puntuación de 1-10. (RA1, RA2, RA3, RA4) 10 A1
A2
C4
C5
C7
C12
C13
C14
C15
C16
C20
C22
C25
C26
C27
C28
C33
C35
C36
D1
D2
D3
D5
D6
D7
D8
D10
D12
D16
D18
Exame de preguntas de desenvolvemento (P2) Conxunto de preguntas longas que relacionan os diferentes apartados dos contidos e miden o nivel da aquisición das competencias da materia. Proba con puntuación de 1-10, mínimo requerido: 4. (RA1, RA2, RA3, RA4) 40 A1
A2
C4
C5
C7
C12
C13
C14
C15
C16
C20
C22
C25
C26
C27
C28
C33
C35
C36
D1
D2
D3
D5
D6
D7
D8
D10
D12
D16
D18
Informe de prácticas (P3) Elaboración de informes (segundo unha guia) que recollen os principais desenvolvementos e resultados obtidos polo/a estudante. Partes de devanditos informes elaborarase en pequenos grupos. Media das avaliacións das actividades con puntuacións de 1-10.
(RA1, RA2, RA3, RA4)
25 A3
A5
C4
C5
C7
C12
C13
C14
C15
C16
C20
C22
C25
C26
C27
C28
C33
C35
C36
D1
D2
D3
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D15
D16
D18
D20
D22
D24
Práctica de laboratorio (P4) Demonstración dos desenvolvementos e implementacións das tarefas de programación e experimentos de estudo. Media das avaliacións das actividades con puntuacións de 1-10, mínimo requerido: 4. (RA1, RA2, RA3, RA4) 25 A3
A5
C4
C5
C7
C12
C13
C14
C15
C16
C20
C22
C25
C26
C27
C28
C33
C35
C36
D1
D2
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D15
D16
D20
D22
D24
Resolución de problemas e/ou exercicios (P5) Elaboración de algoritmos ou aplicacións e as súas análises con certo nivel de formalismo para comprobar a corrección e estudar o rendemento. Avaliación cunha puntuación de 1-10, participación optativa e voluntaria. (RA1, RA2, RA3, RA4) 5 C4
C5
C7
C12
C13
C14
C15
C16
C20
C22
C25
C26
C27
C28
C33
C35
C36
D1
D5
D6
D8
D10
D20
D22
D24
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Enténdese que unha ou un estudante que non participa en polo menos 80% das actividades presenciais é unha ou un non asistente e por consecuencia se sumete á forma de avaliación para non asistentes. A decisión de ser non asistente toma ou ben o/a estudante ao principio do curso ou ben o profesor cando estea claro que xa non se pode alcanzar un 80% de asistencia nas actividades presenciais.

Criterios de avaliación para asistentes 1ª edición das actas:

Avaliación de teoría: Realización de diferentes actividades (p.ex. lectura de bibliografía, elaboración de esquemas, estudo de manuais, etc.) e verificación mediante probas curtas escritas ao longo do curso (incluso de modo inesperado) que recollerán contidos de carácter teórico e práctico correspondentes á materia impartida durante ás clases de aula e nos estudos non presenciais (P1, P6). Realización dun exame escrito final (P2).

Avaliación de prácticas: Avalíase a realización dos exercicios de elaboración propostos (P4), a elaboración da documentación e dos informes relacionados (P3, P5).

Para as/os asistentes o espírito do cálculo da nota final da materia é o seguinte: hai unha combinación de probas teóricas e prácticas ao longo do curso e ao seu final para avaliar as competencias adquiridas. Bos resultados nunha parte poden compensar resultados non tan bos noutra parte, non obstante hai que acadar un mínimo nos dous apartados máis relevantes (P2 e P4).

A nota final obtense do seguinte xeito asumindo que cada parte (P1-P6) se avalía cunha escala de 0-10:

A materia é suspensa si P2 menor que 4 ou P4 menor que 4 (en acta figurará a nota do apartado máis alta responsable polo suspenso). A materia é aprobada se se cumpre min(10,0.1*P1+0.4*P2+0.25*P3+0.25*P4+0.05*P5+0.05*P6) maior ou igual que 5, senón suspenso.

Criterios de avaliación para non asistentes:

Metodoloxía/Examen: Para non asistentes, se avalía o/a estudante cun exame escrito final que cobre todo o contido da matería e mide a adquisición das competencias da materia por parte do/a estudante (permitindo un mostreo aleatorio para confinar o tempo do exame a 3 horas). % Cualificación: 95%. Competencias avaliadas: todas agás CT2, CT15, CT22, e CT24. Resultados de aprendizaxe avaliados: todos.

Metodoloxía/Prácticas: Entrega das prácticas propostas nas clases prácticas. % Cualificación: 5%. Competencias avaliadas: CT2, CT3, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CT15, CT16, CT18, CT20, CT22, e CT24. Resultados de aprendizaxe avaliados: RA2, RA3, RA4.

Criterios de avaliación para 2ª edición das actas:

Estudantes que non alcanzan polo menos un aprobado na primeira avaliación se someten ao mesmo estilo de probas cas anteriores avaliacións feitas por eles. Teñen a posibilidade de remediar calquera dos apartados en actividades agás os apartados "preguntas curtas", "outras" e "resolución de problemas e/ou exercicios" (P1, P5 e P6) de recuperación para a segunda edición das actas.

Tamén poden elixir ser avaliados polos críterios de avaliación para non asistentes, se o desexan.

Criterios de avaliación para as actas fin de carreira:

Dado que os exames fin de carreira se realizan ao principio do curso, se avalía de maneira non asistente coa posibilidade da avaliación do informe e das entregas das prácticas mediante os traballos xa realizados ao longo do curso matriculado previo.

O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da ESEI atópase publicado na páxina web http://www.esei.uvigo.es.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000