Guia docente 2019_20
E. S. de Enxeñaría Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Concorrencia e distribución
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación da asignatura e aclaración de tódolos aspectos relacionados coa guia docente. Planificación temporal das actividades presenciais. Introdución das ferramentas de control e avaliación. Recomendacións específicas para lograr os obxectivos da signatura.
Lección maxistral Exposición dos contidos teóricos da asignatura. Presentación de exemplos e casos específicos. Controis de estudos e lecturas previos. Controis do avance da adquisición de coñecemento por parte do/a estudante. Interacción con/entre os estudantes mediante actividades específicas.
Estudo previo Lectura de documentos relacionados co contido da asignatura. Análise e deseño das tarefas dos exercicios no laboratorio.
Prácticas de laboratorio Implementación e depuración dos exercicios suscitados como tarefas de programación. Realización de probas de funcionamento e/ou rendemento de aplicacións concorrentes e distribuídas cunha análise crítica das observacións.
Resolución de problemas Desenvolvemento de propostas de resolución de problemas. Comprobaciones de corrección e analisis de rendemento. Implementación de solucións alternativas. Análise crítica de solucións propostas.
Presentación Exposicións breves dos fitos alcanzados nas tarefas de programación e exercicios relacionados.
Seminario Control do avance da aprendizaxe. Recomendacións para lograr os objectivos da asignatura a nivel individual. Apoio e axuda na resolución das tarefas propostas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000