Guia docente 2019_20
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Prácticas externas: Practicum
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2019_20
Materia Prácticas externas: Practicum Código O05G220V01701
Titulacion
Grao en Traballo Social
Descriptores Cr.totais Carácter Curso Cuadrimestre
30 OB 4 1c
Lingua impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Análise e intervención psicosocioeducativa
Coordinador/a
González Rodríguez, Rubén
Correo-e rubgonzalez@uvigo.es
Profesorado
González Rodríguez, Rubén
Méndez Fernández, Ana Belén
Perdiz Álvarez, María Celsa
Vázquez Pérez, Raquel
Verde Diego, María del Carmen
Web http://http://educacion-ou.webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php/estudos/grupo/practicum
Descrición xeral O Practicum é unha materia de carácter obrigatorio, do primeiro semestre do cuarto curso da titulación. Consta de 30 créditos ECTS, equivalentes a 750 horas, das que 450-525 asígnanse ás prácticas en institucións externas (en función dos horarios da institución externa). As restantes computaranse nas actividades de: seminarios de iniciación previos ó inicio das horas en institucións, entidades e empresas externas; sesións de titorización e seguemento do alumnado durante o proceso de realización do Practicum, procedementos de avaliación das competencias adquiridas, así como o traballo autónomo do alumnado necesario para garantir todos os aspectos anteriores.
O practicum insértase no módulo E do Plan de estudos: Prácticum e Traballo Fin de Carreira e, dentro deste, na materia que ten a mesma denominación.
O practicum é un conxunto de actividades orientadas a unha aprendizaxe baseada na acción e a experiencia, e a permitir a apropiación de destrezas e coñecementos, que permite aos estudantes, entre outras actividades, descubrir, analizar e comprender o contexto e os procesos de intervención social na compaña dun/ha traballador/a social experimentado/a no seu propio contexto organizativo. O practicum desenvólvese en servizos e entidades desde os que se prestan servizos de traballo social e que son recoñecidos como centros colaboradores para a formación en prácticas polas universidades, mediante convenios. Inclúe dous elementos: a supervisión, realizada por titores/as académicos profesores/as da universidade, e a tutela profesional, realizada polos traballadores/as sociais das institucións colaboradoras.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000