1. Introdución ás ciencias da linguaxe e a comunicación. |
1.1. Definición e caracterización da linguaxe e das linguas desde as teses máis relevantes das ciencias que actualmente se ocupan da linguaxe e desde as bases teóricas que inspiran ou deberían inspirar os currículos de excelencia educativa.
1.2. Competencia lingüística, competencia comunicativa e lingüística variacional.
1.3. A transversalidade da linguaxe. As 'destrezas básicas' e as competencias comunicativas/lingüísticas no ensino/aprendizaxe das outras disciplinas. Algúns referentes internacionalmente relevantes.
1.4. Traballo práctico (preferentemente en grupo reducido de 3-5 discentes) de análise comparativa entre a concepción e o papel da linguaxe nos textos normativos españois, en especial os referidos á educación primaria, e os principios e pautas promovidos polas institucións da Unión Europea e do Consello de Europa (principalmente desde a Language Policy Division/Division de Politiques Linguistiques).
|
2. Semántica léxica do español e semántica textual |
2.1. Semántica e significado. Os tipos de contido semántico.
2.2. A semántica léxica: As relacións léxicas, con especial atención ás relacións de oposición; os campos léxicos; discusión e análise dalgún macrocampo léxico do español (adxectivos de idade, bebidas, alimentos, vivenda).
2.3 A semántica dos textos: Introdución ás pautas interpretativas básicas dos textos literarios, académicos e xornalísticos; a linguaxe, a competencia narrativa e as destrezas básicas na educación fundammental; traballo en grupo reducido (3-5 discentes) de análise dun texto narrativo.
|
4. Fonoloxía, fonética e ortografía da Lingua Española |
4.1. Definición e explicación con exemplos dalgúns conceptos básicos da fonoloxía e fonética españolas (fonema, trazos distintivos, alófonos, neutralización e archifonemas, clasificación dos sons e das fonemas do español segundo Quilis e Martínez Celdrán).
4.2. Transcripción fonolóxica e fonética de textos (segundo Quilis, 1997). |