Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Máster Universitario en Xestión empresarial do deporte
 Materias
  Xestión deportiva e calidade
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Avaliaranse os coñecementos adquiridos a través de probas de tipo test ou de preguntas curtas 30 C1
C3
C4
C6
Traballo Avaliarase os traballos ou proxectos propostos 70 B1
B3
B4
C2
C6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AO alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de Avaliación continua (AC), ou alternativamente, optar por unha proba de Avaliación Global (AG).

A avaliación por defecto é a AC.

O alumnado poderá elixir AG segundo o procedemento e o prazo establecido polo Centro. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar.

-- Avaliación continua. En caso de non renunciar á avaliación continua:

Neste caso o alumnado deberá realizar o conxunto de actividades e probas de avaliación descrito no apartado de Metodoloxías/Probas que valerán o 35%, 35% e 30% da nota respectivamente.

Para poder ser avaliado por este sistema hai que asistir polo menos ao 75% das horas de docencia presencial.

-- Avaliación global.

O alumnado será avaliado mediante unha proba teórico-práctica na data oficial fixada no calendario de exames da Facultade. Esta proba representa o 100% da nota.

No suposto de non superar a nota en primeira oportunidade, o alumnado poderá ser avaliado de novo na segunda oportunidade a través dunha proba teórico-práctica na data oficial fixada no calendario de exames do Master. Esta proba suporá o 100% da nota.

Os estudantes que non participen na AC nin na AG, figurarán nas actas como “non presentados”.

Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa )

As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Comisión Académica do Master (CAM) para o presente curso. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web do Master: www.mbadeporte.es

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000