Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Máster Universitario en Xestión empresarial do deporte
 Materias
  Organización e lexislación do deporte
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Avaliarase o traballo realizado para resolver o caso/situación e os ensinos obtidos. 35 A1
B1
Obradoiro Avaliarase o traballo realizado nas actividades programadas. 35 B3
C5
Exame de preguntas obxectivas Avaliaranse os coñecementos adquiridos a través de probas de tipo test ou de preguntas curtas. 30 A2
A3
A4
A5
B2
B3
C1
C3
C5
C7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá elixir ser avaliado
mediante o sistema de Avaliación continua (AC), ou
alternativamente, optar por unha proba de Avaliación Global
(AG). 

A avaliación por defecto é a AC. 

O alumnado poderá elixir AG segundo o
procedemento e o prazo establecido polo Centro. A elección de AG supón a
renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que
resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa
tiveron lugar.

-- Avaliación continua. En
caso de non renunciar á avaliación continua:

Neste
caso o alumnado deberá realizar o conxunto de actividades e probas de
avaliación descrito no apartado de Metodoloxías/Probas que valerán o 35%, 35% e
30% da nota respectivamente.

Para poder ser avaliado por este sistema hai
que asistir polo menos ao 75% das horas de docencia presencial.

--  Avaliación global.

O alumnado será avaliado mediante unha proba
teórico-práctica na data oficial fixada no calendario de exames da Facultade.
Esta proba representa o 100% da nota.

No suposto de non superar a nota en primeira
oportunidade, o alumnado poderá ser avaliado de novo na segunda oportunidade a
través dunha proba teórico-práctica na data oficial fixada no calendario de
exames do Master. Esta proba suporá o 100% da nota.

Os estudantes que non participen na AC nin na
AG, figurarán nas actas como “non presentados”.

Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título
VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a cualificación
e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado
(https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa
)

As datas e horas das probas de AG (de
primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas
de avaliación aprobado pola Comisión Académica do Master (CAM) para o presente
curso. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán
as publicadas na web do Master: www.mbadeporte.es

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000