Guia docente 2016_17
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa
 Materias
  Xestión Medioambiental, de Seguridade e Saúde Laboral e da Responsabilidade Social Corporatia. Sistemas Integrados de Xestión da Calidade
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2016_17
Materia Xestión Medioambiental, de Seguridade e Saúde Laboral e da Responsabilidade Social Corporatia. Sistemas Integrados de Xestión da Calidade Código O04M157V01205
Titulación
Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
3 OB 1 2c
Lingua de impartición
Castelán
Prerrequisitos
Coordinador/a
Fernández González, Arturo José
Correo-e ajfdez@uvigo.es
Profesorado
Fernández González, Arturo José
Nogueira Cayetano, Carmen
Sánchez Sánchez, Ignacio
Sánchez Táboas, Jorge Horacio
Web http://faitic.uvigo.es
Descrición xeral Nun Máster sobre Creación, Dirección e Innovación na Empresa, necesariamente debe darse un protagonismo relevante a contidos específicos sobre xestión medioambiental, da seguridade e saúde laboral, e da responsabilidade social corporativa, porque:

- Por un lado, innovar sen ter en conta os impactos ambientais, na seguridade e saúde dos traballadores, e na sociedade, conduce, por regra, a un resultado moi efémero. Pode non ser máis do que producir algo de novo, que o mercado, rapidamente, vai rexeitar.

- Por outro lado, os sistemas de xestión baseados en normas internacionais nestes eidos (como a família de normas ISO 14000, de xestión ambiental, a OHSAS 18000, de seguridade e saúde no traballo, ou a SGE 21 ou a SA 8000, de RSC) comportan, en si mesmos, varias compoñentes e metodoloxías, que permiten que o coñecemento xerado no proceso de innovación, se vaia potenciando no ciclo virtuoso do tipo PDCA : Plan; Do; Check; Act, base da mellora continua e destes sistemas. Por este motivo, o coñecemento básico destas normas amplamente coñecidas e implantadas no ámbito empresarial é necesario nun Máster deste nível.

- Finalmente, a integración dos sistemas de xestión é un requisito nos tempos que corren. Actualmente, tras os varios anos dedicados á Calidade Total e á Reenxeñaría, o mundo empresarial presenta unha nova e forte tendencia: a utilización dos Sistemas Integrados de Xestión.
O desenvolvemento da tecnoloxía da información trouxo oportunidades para as empresas se reestruturaren, alén de tornar posíbel a crecente integración de sistemas estruturados para atender aos procesos de negocio e soportar o fluxo de información asociado. Neste escenario, emerxen as filosofías de xestión que procuran integrar informacións provenientes das máis diversas áreas da empresa, como financeira, produción, materiais, vendas, calidade, innovación, xestión medioambiental, responsabilidade social, etc.
Esta materia adícase aos sistemas de xestión empresarial, con especial atención á xestión medioambiental, da seguridade e saúde no traballo, e da RSC, e aos modelos existentes, en xeral internacionais, para os mesmos (normas ISO 14000, Regulamento EMAS, estándar OHSAS 18000, SGE 21, SA 8000, etc.). Primeiramente, estúdanse os fundamentos dos devanditos sistemas de xestión con relación ás súas correspondentes normas internacionais, prestando atención ás súas connotacións coa mellora da competitividade da empresa. Finalmente, proporciónanse claves para a súa correcta implantación e mantemento no tempo.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000