Esta materia céntrase na investigación de mercados turísticos por mostraxe estatística e o deseño da enquisa. Creación de base de datos. Análise de datos mediante técnicas estatísticas univariables, bivariables e multivariables. Elaboración de informes de resultados. Análise do consumidor de turismo.
Papel das novas tecnoloxías no estudo e os hábitos de consumo do potencial turista (compra de billetes por internet, procura de información e comentarios en blogues, webs, redes..., preparación de viaxes, reservas de hoteis online...).