Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
PCEO Grao en Turismo/Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Recursos territoriais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Presentación dos traballos realizados en grupo acordes ás pautas propostas 30
Presentación Presentación dos traballos acorde ás pautas propostas 20
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas sobre aspectos teóricos tratados no temario 40
Práctica de laboratorio Probas e exercicios prácticos 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro . En caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU.

A materia será avaliada por un sistema de avaliación continua, a partires das competencias adquiridas. A cualificación final será a suma dos diferentes elementos avaliados tendo en conta aspectos teóricos e prácticos (final numérica de 0 a 10 pola lexislación vixente). Casos particulares serán expostos o profesor/a da materia. Os alumnos que non sigan avaliación continua poderán presentarse aos exames finais fixados na programación de exames da Facultade, aténdose aos seguintes criterios: a) Proba escrita. Exame xeral de carácter teórico que suporá o 60% da calificación final. b) Realización dun traballo obrigatorio que suporá o 40% da calificación final. O prazo para mudar de avaliación continua a global no 1º cuadrimestre é do 11 de setembro a 11 de outubro.

A avaliación global realizarase nas datas oficiais de exame para cada oportunidade de avaliación establecida no calendario académico.

Na segunda convocatoria: Avaliarase o alumno coa realización dun exame final de carácter teórico-práctico que suporá o 50% da cualificación final, aténdose aos mesmos criterios xa expostos para a primeira convocatoria. Conservaranse as cualificacións de traballo tutelado e outras actividades de avaliación continua que o alumno xa realizase. Naqueles casos que non se cumpra algún dos supostos mencionados anteriormente, o alumno deberá de compensalo mediante a realización dun traballo en relación co temario da materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000