Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Creación e viabilidade de empresas turísticas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas e/ou exercicios Actividades nas que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. Utilízanse como complemento da lección maxistral.
Presentacións/exposicións Os alumnos deberán presentar os exercicios e/ou traballos en clase que lles propoña o profesor.
Tamén deberán realizar individualmente un Plan de empresa sobre unha empresa de nova creación, que terán que entregar e/ou expor o día do exame.
Sesión maxistral Explicación por parte do profesor dos contidos básicos da materia. Explicación das directrices de traballo, fontes de información e pautas para desenvolver o traballo da materia.
Trátase de suscitar nos alumnos o interese pola creación de empresas, como unha posible alternativa empresarial.Para iso, terán que integrar os coñecementos adquiridos noutras materias e aplicalos á creación da propia empresa.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000