PRIMEIRA CONVOCATORIA: Sistema de avaliación continua. Ao comenzo do curso, o/a alumno/a deberá manifestar a súa vontade de someterse ao sistema de avaliación continua. Para optar ao sistema de avaliación continua, o/a alumno/a deberá acreditar asistencia a un 80% das clases. O/a alumno/a que se acolla a este sistema e acredite a presencialidade mínima do 80%, será avaliado mediante 4 probas de tipo test realizadas ao longo do período de docencia. A nota final será a media aritmética das cualificacións obtidas nas 4 probas de tipo test.
Sistema de avaliación final. O/A alumno/a que non opte polo sistema de avaliación continua terá dereito a ser avaliado mediante exame final que representará o 100% da cualificación na materia. O citado exame final consistirá nunha proba única tipo test que versará sobre a totalidade do programa. SEGUNDA CONVOCATORIA: O alumno que non supere a materia en primeira convocatoria -ben mediante sometemento a avaliación continua, ben mediante sometemento a avaliación final- será avaliado en segunda convocatoria mediante exame final que representará o 100% da cualificación na materia. O citado exame final consistirá nunha proba única de tipo test que versará sobre a totalidade do programa. CONVOCATORIA
FIN DE CARREIRA: Na convocatoria
fin de carreira o/a alumno/a será avaliado nun único exame escrito tipo test que representará o 100% da nota final. As datas e horarios das probas de
avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de
probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2016-2017. En
caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as
sinaladas na páxina web da FCETOU. |