Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  E-marketing no sector turístico
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos/análises de situacións Entregaranse casos e exercicios que haberá que resolver 21 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B5
B7
B8
B9
B10
C6
C15
D3
Presentacións/exposicións Presentacións na aula e participacións nos debates que xurdan na aula 18 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B5
B7
B8
B9
B10
C6
C15
D3
Traballos tutelados Traballo a realizar de forma autónoma polo estudante 21 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B5
B7
B8
B9
B10
C6
C15
D3
Probas de resposta curta Preguntas curtas acerca do temario 40 A1
A2
A3
A4
A5
B5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno poderá optar ao principio do curso por dúas posibilidades de Avaliación:

1) Avaliación continua

Realizarase unha avaliación continuada ao longo do semestre, valorándose a participación en clase, a resolución de exercicios, casos prácticos e os traballos tanto en grupo como individuais. 

No caso de que o alumno que opte por este sistema non logre superar a materia mediante as súas achegas/traballos ao longo do curso;  o alumno realizará un exame final "abreviado"  (que porá a proba os coñecementos do alumno da materia e o nivel alcanzado nos Resultados de Aprendizaxe desexados); neste caso o valor desta proba será como máximo do 40% da nota final, debendo de ter o alumno un mínimo de puntos en cada parte: avaliación durante o curso e o exame).

Este modo é aplicable nas convocatorias do mesmo curso académico.

2) Avaliación non continua

Este sistema de avaliación pode ser elixido por todos os estudantes que non sigan  a forma anterior da avaliación. Consta dun exame de todos os contidos abordados ao longo de todo o curso.

NOTA .-% dos sistemas de cualificación reflicte o caso da avaliación continua con necesidade da avaliación teórica

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2016-2017. No caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000