Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Calidade de procesos turísticos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos e proxectos Realización dun traballo autónomo en grupo. Elaborarase ao longo de todo o cuadrimestre e presentarase ao final do mesmo.
25 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B5
B6
B7
B8
B9
B10
D1
D3
D5
Probas de resposta curta Exame final.
60 A1
B9
B10
C11
C12
C13
C15
Probas de tipo test Avaliación da asimilación de coñecementos.
10 A1
C11
C12
C13
C15
Estudo de casos/análise de situacións Realización de casos prácticos ou análises de situacións.
5 A2
A4
B2
B3
B7
B8
B9
B10
C11
C13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A planificación exposta nesta guía docente supón a aplicación dun sistema de avaliación continua, polo que a cualificación final obterase da avaliación das probas obxectivas periódicas, do traballo tutelado e a realización dun exame

Probas de carácter obxectivo: probas de carácter periódico, para valorar a correcta comprensión e aplicación dos contidos da materia. Consistirá en:

1.- A resolución de exercicios breves e estímase que o número total de traballos curtos serán dous ao longo de todo o cuadrimestre.

2.- Resposta a cuestións curtas e/ou de resposta múltiple. Estímase que o número total de controis por este medio de probas obxectivas ao longo do curso será de catro.

3.- Traballo tutelado: consistirá na elaboración en grupo dun traballo, destinados á aplicación dos conceptos e técnicas da materia de forma autónoma por parte dos estudantes, contando con atención personalizada para o seu seguimento. O traballo tutelado será entregado en data límite anunciada con suficiente antelación.

4.-Exame final: consistirá na resolución de exercicios breves e resposta a cuestións curtas e/ou de resposta múltiple. Parte teórica (preguntas curtas e/ou tipo test) (60%), práctica (40%). Será necesario aprobar ambas as partes por separado (5 puntos sobre 10).

Para aprobar a materia é necesario obter polo menos 5 puntos dun total de 10 pola realización do exame. A nota final será a suma de ambas as partes, avaliación continua e exame, para realizar a suma deberá terse aprobado o exame. Nota mínima para aprobar a materia 5.


Segunda convocatoria:A avaliación continua alcanzada durante o cuadrimestre gardarase para as convocatorias extraordinarias do presente curso académico. O exame constará dunha parte teórica (preguntas curtas e/ou tipos test) (60%) práctica (40%). Será necesario aprobar ambas as partes por separado (5 puntos sobre 10).

Alumnos que non seguen avaliación continua:Avaliarase ao alumno coa realización dun exame final que suporá o 100% da nota. O exame constará dunha parte teórica (preguntas curtas e/ou test) (60%) práctica (40%). Será necesario aprobar ambas as partes por separado (5 puntos sobre 10).       

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2016-2017. En caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000