Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Xestión de aloxamentos
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Manteraxe a doncencia teórica mediante aulas remotas, e docencia de lección maxistral
No caso de aulas practicas, realizaráse docencia non prensencial a través de aulas remotas.

* Metodoloxías docentes que se modifican
As saidas de campo serán mudadas por traballos dirixidos, a propor pola docente.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
As titorías sincronas serán programadas a través do campus remoto, no despacho virtual 577.
As titorias asincronas realizaránse a través do correo electrónico.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Debido a importancia da influencia sobre a actividade aloxativa no sector procederase a deixar materiais complementarios, videos, artigos, sobre mudanzas derivadas de constinxencias escepcionais.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Procederase a recomendar por parte da docente de ser precisa

* Outras modificacións
Ampliarase os materiais escritos, para facilitar a aprendizaxe do alumnado

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas xa realizadas

A avaliación teórica supon en caso de presencialidade normal un 50% mediante avaliación escrita. En caso de situación de continxencia non prevista esta avaliación escrita será dun 33%, o 17% restante será un traballo individualizado a entregar polo alumnado.

A avaliación practica suporá un 50% que se manterá, a diferencia estará en que en vez de ser entregada na aula, entregarase telematicamente nas datas propostas pola profesora.


* Información adicional
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000