Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Planificación pública do desenvolvemento turístico
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentacións/exposicións Valorarase a entrega dos informes asociado á realización de traballos e proxectos, así como a calidade da súa presentación e defensa en aula. 5 A1
A4
A5
B5
B7
B9
D3
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Valorarase a capacidade de resolución de problemas, elaboración de informes e indicadores, e aplicación dos coñecementos adquiridos nas clases prácticas. 20 A2
A5
B1
B2
B3
B8
B10
C1
C2
C10
Probas de tipo test Realizaranse probas tipo test periódicas a través da plataforme de teledocencia para avaliar a comprensión de coñcementos impartidos en clase maxistral e en prácticas 50 A1
A5
B1
B2
B3
B9
C1
C2
C10
Traballos e proxectos Valorarase a capacidade para buscar información, organizar o tempo e colaborar con equipos para a realización de traballos e proxectos en grupo. 25 A3
B7
B8
B9
B10
C1
C2
C10
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación da materia será continua. O 50% da nota configurarase a partir de exames tipo test sobre os contidos teóricos da materia, o 20 % da nota basearase na resolución de exercicios, prácticas, problemas e análises de caso, e o 30 %  será a nota dun proxecto en grupo, de obrigatoria exposición. Para superar a materia por avaliación continua é preciso terse presentado a todas as probas e actividades de avaliación do curso.

O alumnado que non sigue avaliación continua ou non teña superado a materia por avaliación continua será avaliado mediante a realización dun exame final que suporá o 100% da nota. O exame constara dunha parte teórica (preguntas curtas e/ou tipo test) (60% da nota final) e unha parte práctica (40%). O alumnado que supere a materia por avaliación continua pero desexe subir nota poderá presentarse ó exame final. Neste caso, a nota do exame final sustituirá á nota da avaliación continua a todos os efectos.

O exame correspondente á segunda e posteriores convocatoria seguirá o mesmo modelo que o exame final.

Os estudantes que non se presenten a avaliación continua nin o examen final, figurarán nas actas como non presentados. Os estudantes que non superen a avaliación continua e non se presenten ó exame final, figurarán nas actas como supensos.

As datas e horarios da probas de avaliación das diferentes convocatorias serán as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2016-17. En caso de conflito ou disparidade entre
as datas dos exames, prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000