Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Linguas estranxeiras para o turismo IIA: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Aprendizaxe baseado en proxectos Realización e presentación dun tema 15 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B4
B6
B7
C14
C15
D3
D5
Lección maxistral Análisis da adquisición de contidos globais presentados nestas sesiones 5 A3
A4
B4
B5
B8
Resolución de problemas Realización de exercicios e actividades prácticas que resuman os contenidos xerais do curso 5 B4
B5
C14
C15
Actividades introdutorias Evaluación de competencias comunicativas 5 A4
A5
D5
Prácticas de laboratorio Realización de exercicios e actividades contextualizadas. Léxico específico 20 A4
B7
C14
C15
D3
Exame de preguntas de desenvolvemento Realización de exercicios e actividades nas áreas de léxico, gramática, comprensión oral e escrita e producción oral e escrita 30 B1
B4
B5
B8
C14
D3
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios Realización de exercicios e actividades prácticas que resuman os contidos xerais do curso nas principales destrezas comunicativas orales 20 B5
B6
B7
C14
C15
D3
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
A) PRIMEIRA EDICIÓN DAS ACTAS:

O alumnado poderase acoller á avaliación continua (A.1) ou á avaliación única (A.2). O alumnado deberá pór en coñecemento do docente a cal das dúas opcións se acolle. Aqueles que se acollan á avaliación continua deberán entregar ao longo das dúas primeiras semanas das clases unha ficha cuberta e cunha fotografía. A non comunicación, non entrega da ficha e/ou non realización das probas previstas para a avaliación continua suporán automaticamente a avaliación única.

Recoméndase a avaliación continua, sendo o sistema máis adecuado para a aprendizaxe da materia.

Durante a realización dos exames non se permite a utilización de dicionarios, computador, teléfonos móbiles ou outros dispositivos electrónicos.

O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou actividade suporá un suspenso automático na materia. Alegar descoñecemento do que supón plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade respecto diso.

A.1) Avaliación continua

Para acollerse á avaliación continua o alumnado deberá realizar o tres probas de avaliación continua, o exame final oral (20% da nota final) e o exame final escrito (50% da nota final), que terá as seguintes partes: Use of English (40%), Writing (20%), Reading (20%), Listening (20%). As probas de avaliación continua son:

1) Proba de writing (10% da nota final)
2) Proba de reading e listening (10% da nota final)
3) Proba de speaking (10% da nota final)

A data e hora do exame final escrito da avaliación continua serán fixadas pola facultade e publicadas na súa páxina web. A data e hora do exame final oral e do resto das probas de avaliación continua serán anunciadas no cronograma da materia e en Faitic.

Para superar a materia será necesario:
1) Obter unha nota mínima de 5 como resultado da media das probas de writing (10%), a proba de reading e listening (10%) e o exame final escrito da avaliación continua (50%).

2) Obter unha nota mínima de 5 como resultado da media da proba de speaking (10%) e o exame final oral (20% da nota final da materia).

Os exames e probas da avaliación continua non realizadas contarán como un 0 á hora de calcular as medias da avaliación continua.

Para a segunda edición das actas conservaranse as partes aprobadas da materia:

a) parte escrita da materia (media das probas de writing, a proba de reading e listening e exame final escrito)
b) parte oral da materia (media da proba de speaking e o exame final oral).

A.2) Avaliación única

O alumnado que non asista ás clases con regularidade nin realice ningunha proba parcial poderá presentarse á avaliación única, que consistirá nunha única proba global final que computará o 100% da cualificación final. A proba única constará das seguintes partes:

1) Exame escrito (70% da nota final da materia), que terá as seguintes partes: Use of English (40%), Writing (20%), Reading (20%), Listening (20%). Para aprobar a materia, no exame escrito será necesaria unha nota mínima de 5.

2) Exame oral (30% da nota final da materia). Para aprobar a materia, no exame oral haberá que obter unha nota mínima de 5.
Os exames de avaliación única non realizados contarán como un 0 á hora de calcular as medias da avaliación única.

A data desta proba de avaliación única da primeira edición das actas será fixada pola facultade e publicada na súa páxina web.
Para a segunda edición de actas (Xullo) conservaranse as partes aprobadas: exame oral (speaking) ou exame escrito (incluíndo use of English, writing, reading e listening).

B) SEGUNDA EDICIÓN DAS ACTAS (Xullo):

O alumnado que suspenda ou non se presente á primeira edición das actas será avaliado na segunda edición en xullo mediante unha proba única que terá as mesmas características que a proba única da primeira edición de actas:

1) Exame escrito (70% da nota final da materia), que terá as seguintes partes: Use of English (40%), Writing (20%), Reading (20%), Listening (20%). Para aprobar a materia, no exame escrito será necesaria unha nota mínima de 5.

2) Exame oral (30% da nota final da materia). Para aprobar a materia, no exame oral haberá que ter unha nota mínima de 5.
A data desta proba de xullo será fixada pola facultade e publicada na súa páxina web. De non superar a materia en xullo, o/a alumno/a deberá examinarse da totalidade da materia en cursos académicos posteriores, xa que as partes superadas carecerán de validez para datas posteriores.

Os exames da segunda edición das actas non realizados contarán como un 0 á hora de calcular as medias.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000