Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Linguas estranxeiras para o turismo IB: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de tipo test Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 15 A1
D3
D5
Probas de resposta curta Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de maneira directa e breve en base aos coñecementos que teñen sobre a materia. 15 A1
A2
A3
A4
A5
B1
D3
D5
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Probas para a avaliación que inclúen actividades, problemas ou exercicios prácticos a resolver. Os alumnos deben dar resposta á actividade formulada, aplicando os coñecementos teóricos e prácticos da materia. Estas probas serán orales e escritas 50 B1
C14
C15
D3
D5
Traballos e proxectos Os alumnos deberán realizar un glosario bilingüe correspondente a cada un dos temas da materia. 20 A1
B4
B5
B6
B7
B8
D3
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na primeira convocatoria os alumnos deberán asistir a clase para beneficiarse da avaliación contínua (con máis de 3 faltas perderase o dereito a avaliación continua) que consistirá na recollida de tarefas e actividades de clase ou casa (30%), 2 controis durante o cuatrimestre (50%, mínimo 5) e a entrega dun glosario bilingüe (20%). Aqueles alumnos que non superen a materia durante o curso terán que presentarse ao exame final escrito (60%, mínimo un 5), facer un exame oral (20%) que se realizará a continuación do escrito, e entregar o glosario (20%). Tamén poderán presentarse ao examen final aqueles alumnos que desexen subir nota.

Na segunda convocatoria os alumnos deberán presentar o glosario (20%) que corresponda a cada unha das unidades do temario e realizar un exame final (60%, mínimo un 5) da materia e un examen oral (20%) que se realizará a continuación do escrito final.

As datas e horarios das probas de
avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de
probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2016-2017. En
caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as
sinaladas na páxina web da FCETOU.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000