Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Xestión de recursos humanos en empresas turísticas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos/análises de situacións Resolución nas sesións dos GM de casos prácticos, en grupo ou individualmente, sobre os contidos da materia. Exposición
(Actividade A)
25 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B5
B7
B8
C5
C8
C12
D1
Probas de tipo test Realización de duas probas de seguemento da avaliación continua (Actividade B e Actividade C) onde os conceptos básicos teóricos serán abordados a través de preguntas test. 25 A1
A2
A3
A4
A5
B5
C5
C8
Probas de resposta curta Proba final de avaliación global de sintese de conceptos teórico-prácticos
(Actividade D)
25 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B5
B7
B8
C5
C8
C12
D1
Estudo de casos/análise de situacións Realización de duas probas de seguemento de avaliación continua (Actividade B e Actividade C) onde a aplicación práctica dos conceptos teóricos serán abordados a través da resolución de casos prácticos individualmente 25 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B5
B7
C12
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Primeira convocatoria (xaneiro)

Alternativa a) Avaliación continua segundo os criterios de avaliación arriba expostos. Para superar a avaliación continua é obrigatorio obter como mínimo un 5 sobre 10 nas actividades avaliativas B, C e D.

Para os estudantes que sigan a avaliación continua e non teñan superado unha das actividades B ou C poderán recuperar a actividade suspendida na data oficial de xaneiro establecida para a proba global de avaliación da materia.

Enténdese que os estudantes que teñen algunha cualificación nalgunha das actividades obxecto de avaliación seguen a avaliación continua.

Alternativa b) So para os estudantes que non teñan seguido a avaliación continua. Exame global dos contidos da materia. A cualificación do exame será o 100% da nota final.

Segunda convocatoria (xullo):

Alternativa a) Exame global dos contidos da materia no mes de xullo. A cualificación do exame será o 100% da nota.
Alternativa b) Só para estudantes que teñan seguido a avaliación continua e non teñan superado UNHA das actividades avaliativas B, C, D poderá recuperar a actividade suspendida na data oficial de xullo establecida para a proba de avaliación da materia.

Esta Guía docente anticipa as liñas de actuación que se deben levar a cabo co alumnado na materia e concíbese de forma flexible. En consecuencia, podénse requirir reaxustes ó longo do curso académico promovidos pola dinámica da clase e/ou do grupo de destinatarios real ou pola relevancia das situacións que puidesen xurdir. Achegaráselle ó alumnado a información e as pautas concretas que sexan necesarias en cada momento do proceso formativo.

Observación: Calquera evidencia de traballos e probas plaxiados ou copiados suporá unha cualificación de suspenso nas dúas convocatorias.

IMPORTANTE: As datas e horarios das
probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas
no
calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o
curso
2016-2017. Non obstante, o calendario poderá ser modificado ao longo do
curso por algún imprevisto. Consulten a páxina web da facultade por se
hai cambios no mesmo. Ante conflictos nas datas publicadas nos diversos medios, prevalecerá a existente na páxina web da facultade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000