Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Mercadotecnia turística
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Entregaranse casos e exercicios que haberá que resolver 40 A1
A2
A3
A5
B1
B3
B5
B6
B7
B8
C13
D1
D2
D3
D5
Exame de preguntas obxectivas Exame tipo test 35 A1
A2
A3
A5
B8
Resolución de problemas e/ou exercicios Preguntas curtas achega do temario 25 A1
A2
A3
A5
B3
B5
B8
C5
C6
C13
C15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A descrición desta guía esta pensada para o seguimento da materia en avaliación continua. A concreción das actividades a realizar dependerá en gran medida do número de estudantes e os medios para traballar en grupo.
Na avaliación continua a nota final será o resultado de:
a) Realización de varios exercicios/casos prácticos individuais e/ou en grupo. Para a avaliación poderá esixirse unha defensa oral dun caso. Esta nota pondera un 40% na calificación final sempre que sexa superior ou igual a 5 puntos sobre 10.
b) Un exame ao finalizar a materia no que se medirán os coñecementos teóricos alcanzados (60%)
c) É necesario alcanzar un mínimo dun 4.5 no exame para poder compensala nota coa de avaliación continua e superar a materia.

Avaliación ordinaria: Seguirán este proceso os estudantes que non sigan a avaliación continua ou aqueles que seguíndoa non alcancen os mínimos establecidos (nota >=5). Neste caso, o exame consistirá nunha proba na que se exporán preguntas teóricas (60%) e outra na que haberá un caso práctico (40%).

As cualificacións de todas as probas, parciais ou finais, prácticas e actividades só terán efectos no curso académico no que se propoñan.

A plataforma de aula virtual conta con ferramentas para detectar posibles comportamentos anómalos e deshonestos, así como para detectar posibles plaxios en traballos escritos. No caso de detección de plaxio nalgunha proba/traballo/test/exame/actividade a cualificación final da materia será Suspenso (0) e o feito será comunicado ao Decanato do Centro para que adopte as medidas oportunas.

As datas e horarios das probas de
avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de
probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2020-2021. En
caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as
sinaladas na páxina web da FCETOU.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000