Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Mercadotecnia turística
   Plan de Continxencias
 
Descrición
En caso de crise sanitaria que obrigue a utilizar as modalidades mixta e non presencial se levaran a cabo as seguintes adaptacións:
MODALIDADE MIXTA: neste caso algunhas das clases teóricas poden ser por Campus Integra en función do aforo e a capacidade estimada da aula. A estimación inicial é que as clases prácticas se desenvolvan de xeito presencial polo que o sistema de avaliación sería o mesmo que para a docencia presencial.
MODALIDADE NON PRESENCIAL. Neste caso todas as sesións serían por Campus Remoto. O sistema de avaliación sería:
Na avaliación continua a nota final será o resultado de:
a) Realización de varios exercicios/casos prácticos individuais e/ou en grupo ao longo do cuatrimestre. Esta nota pondera un 40% na calificación final.
b) Varias pequenas probas teóricas ao longo do cuatrimestre (25% na calificación)
c) Un exame tipo test ao finalizar a materia no que se medirán os coñecementos teóricos alcanzados (35%)
d) Para superar a avaliación continua e necesario ter nos apartados a) + b) alomenos un 5 sobre 10.
e) É necesario alcanzar un mínimo dun 4.5 no exame para poder compensala nota coa de avaliación continua e superar a materia.
Avaliación ordinaria: Seguirán este proceso os estudantes que non sigan a avaliación continua ou aqueles que seguíndoa non alcancen os mínimos establecidos (nota >=5). Neste caso, o exame consistirá nunha proba na que se exporán preguntas teóricas (60%) e outra na que haberá un caso práctico (40%).
As cualificacións de todas as probas, parciais ou finais, prácticas e actividades só terán efectos no curso académico no que se propoñan.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000