Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Economía aplicada ao turismo
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Consistirán na realización de probas sobre os contidos das sesións Maxistrais, Prácticas de Laboratorio, Lecturas, Debates e demais exercicios complementarios propostos. 50 A1
A3
A4
A5
B3
B8
C1
C2
C10
Resolución de problemas e/ou exercicios Consistirán na realización de tarefas vencelladas coas prácticas que se indicarán ao longo do curso e que o alumnado deberá realizar de forma autonóma con base aos materiais dispoñibles e os contidos explicados nas clases. 30 A2
A3
A4
A5
B3
B5
B8
B9
B10
D3
Estudo de casos Consistirán na análise dalgún caso ou problema real baseado nos coñecementos impartidos na materia, que o alumando deberá redactar, entregar, e se é posible, presentar e defender na aula ou de forma virtual. 20 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B5
B7
B8
B9
B10
C1
C2
C10
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Haberá dúas posibilidades de avaliación:

A) A avaliación da materia será continua. O alumnado que supere a materia mediante avaliación continua non precisará presentarse ó exame final da materia. É preciso presentarse a todas as probas avaliables para ter a posibilidade de ser avaliado/a mediante avaliación continua. As actividades avaliables non entregadas non impiden ser avaliado/a por avaliación continua pero si impiden acceder á nota correspondente a estas entregas.

B) Cando non proceda a avaliación continua (por que o alumno así o teña decidido ou por non ter superado a avaliación continua) realizarase un exame final, que poderá incluír preguntas de tipo test e de resposta curta/problemas sobre o contido das clases maxistrais, das prácticas de aula informática, das lecturas e debates e demais exercicios e tarefas do curso. Neste caso a nota da parte test do exame constituirá o 60% da nota final e a parte de resposta curta o 40%.

O exame correspondente á segunda e posteriores convocatorias seguirá o mesmo modelo que o exame final (opción B).

Os estudantes que non participen na avaliación continua nin realicen o exame final, figurarán nas actas como non presentados. O alumnado que suspenda a avaliación continua e non se presenten ó exame final, figurará nas actas como suspenso. O alumnado que aprobe a avaliación continua e desexe subir nota, poderá presentarse ó exame final (nese caso a nota do exame final sustituirá a todos os efectos á nota obtida mediante avaliación continua).

As datas e horarios das probas de
avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de
probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2020-202010. En
caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as
sinaladas na páxina web da FCETOU.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000