Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Economía aplicada ao turismo
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas de forma autónoma Durante o curso, proporase cada aos alumnos un conxunto diverso de exercicios complementarios, que poden incluir problemas de cálculo, análises de casos, lectura de artigos científicos, lectura de artigos de prensa, videos, etc. Estas actividades serán realizadas individualmente ou en grupo, según proceda, e contarán cunha parte non presencial, de traballo autónomo.
Este tipo de exercicio require que o estudante teña acceso a Internet, pois será necesario acceder á Plataforma Tema para descargar a información, así como acceder ás Bases de Datos Oficiais.
Actividades introdutorias Nas actividades introductorias, presentarase a materia, os seus contidos e obxectivos, así como a planificación docente e o sistema de avaliación. Poderá realizarse algunha proba de coñecementos previos ou de comprobación da comprensión do sistema por parte do alumnado.
Prácticas con apoio das TIC Nas prácticas nas aulas de informática o alumnado realizará exercicios e análises de casos nos que o alumnado aprenderá a manexar información estatística coas técnicas de análise máis habituais. Con estas prácticas o alumnado aprenderá a organizar información, sintetizar e depurar datos, construir indicadores, etc. Isto esixirá a realización de cálculos básicos (taxas de variación, números índice, etc.) e a súa representación gráfica.
Lección maxistral Nas sesións maxistrais, o profesorado desenvolverá os contidos do Programa. Tomárase como punto de partida as preguntas destacadas en cada un dos temas, así como os resultados e conclusións que se vaian acadando simultaneamente nas outras actividades docentes relacionadas co tema. Será labor do docente aportar as ideas centrais e e criterios de organización e interpretación da información necesarios para que o estudante sexa capaz de constestar ás preguntas relevantes. As sesións maxistrais poderán apoiarse en problemas e análises de casos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000