Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Economía aplicada ao turismo
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

* Metodoloxías docentes que se manteñen:

1) Resolución de problemas de forma autónoma.

* Metodoloxías docentes que se modifican:

1) Lección maxistral. En caso de docencia non presencial, esta metodoloxía desenvolverase a través de Campus Virtual con apoio de Faitic.
2) Actividades introductorias. Pasarán a desenvolverse en remoto.
3) Prácticas con apoio das TICs. Esta metodoloxía no poderá desenvolverse en laboratorio informático e levarase a cabo co equipamento persoal do alumnado.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)

As titorías pasarán a realizarse por medios telemáticos (email, despacho virtual, conversa en faitic, etc.) e serán previamente concertadas por email co profesorado, para facilitar o contacto en previsión de problemas de conciliación e/ou conectividade.


* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe.

O profesorado porá a disposición do alumnado, a través da plataforma faitic, a bibliografía ou materiais necesarios para o reforzo da ensinanza, en caso de pasar a unha modalidade non presencial. Esta bibliografía será específica para cada tema e epígrafe. A bibliografía xeral será a mesma que a especificada para o ensino presencial.

A cantidade e tipoloxía do material docente (audiovisual ou escrito) será a necesaria para garantir que o alumnado non perda ningún tipo de contido, práctica ou competencia.


=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===


A avaliación xa foi modificada e deseñada para non ter que se modificada nun escenario de non presencialidade, dando un maior peso ao traballo autónomo do alumnado.

Os enunciados das tarefas, así como os materiais dispoñibles estarán adaptados á nova situación de traballo non presencial en remoto e serán postos a disposición dos estudantes coa suficiente antelación respecto da data límite de entrega.

As probas pasarán a realizarse a través do campus virtual/faitic ou oralmente en caso de problemas de conectividade por parte do alumnado.


* Información adicional

Nas probas de avaliación non presenciais realizarase control de asistencia, para o cal será imprescindible a identificación do alumnado (ensinar DNI e activar cámara).
Nas probas de avaliación non presenciais, en caso de que algún/ha alumno/a anticipe ou teña problemas de conexión, habilitarase como alternativa de avaliación unha proba oral por audio/video (realizada no mesmo día do exame escrito).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000