Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Idioma moderno: Inglés para turismo
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Realización de exercicios e actividades nas áreas de léxico, gramática, comprensión oral e escritura e produción oral e escritura. 50 A3
A4
B4
B5
B8
Traballo O estudante presenta o resultado obtido na elaboración dun documento sobre a temática da materia, na preparación de seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc.Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo, de forma oral ou escritura… 20 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B4
B6
B7
C14
C15
D3
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios Realización de exercicios e actividades prácticas que resuman os contidos xerais do curso nas principais destrezas comunicativas orais. 30 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B4
B5
B6
B7
C14
C15
D3
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A) PRIMEIRA EDICIÓN DAS ACTAS: O alumnado poderase acoller á avaliación continua (A.1) ou á avaliación única (A.2). O alumnado deberá poñer en coñecemento do docente a cal das dúas opcións se acolle. Recoméndase a avaliación continua, sendo o sistema máis axeitado para a aprendizaxe da materia. Durante a realización dos exames non se permite a utilización de dicionarios, ordenadores, teléfonos móbiles ou outros dispositivos electrónicos. A.1) Avaliación continua Para acollerse á avaliación continua, o alumnado deberá realizar as tarefas que se lle requiran ao longo do curso, tanto nas clases teóricas como nas prácticas, así como realizar tódalas probas de avaliación. Para superar a materia será necesario: 1) Obter unha nota mínima de 5 como resultado da media dos dous exames escritos parciais (40% + 40% da nota final). Cada un dos exames parciais terá as seguintes partes: Use of English (40%), Writing (20%), Reading (20%), Listening (20%). 2) Aprobalo exame oral cunha nota mínima de 5 (20% da nota final da materia). Os exames de avaliación continua non realizados contarán coma un “0” á hora de calculalas medias da avaliación continua. Para a segunda edición das actas (Xullo 2020) conservaranse as partes aprobadas: exame escrito (media do primeiro e segundo parcial) ou exame oral. A.2) Avaliación única O alumnado que non asista ás clases con regularidade nin realice ningunha proba parcial poderá presentarse á avaliación única, que consistirá nunha única proba global final que computará o 100% da cualificación final. A proba única constará das seguintes partes: 1) Exame escrito (80% da nota final da materia), que terá as seguintes partes: Use of English (40%), Writing (20%), Reading (20%), Listening (20%). Para aprobar a materia no exame escrito será necesaria una nota mínima de 5. 2) Exame oral (20% da nota final da materia). Para aprobar a materia, no exame oral haberá que obter unha nota mínima de 5. Os exames de avaliación única non realizados contarán coma un “0” á hora de calcular as medias da avaliación única. A data desta proba de avaliación única da primeira edición das actas será fixada pola facultade e publicada na súa páxina web. Conservaranse as partes aprobadas (exame escrito ou exame oral) para a segunda edición das actas (Xullo 2021). B) SEGUNDA EDICIÓN DAS ACTAS (Xullo 2021): O alumnado que suspenda ou non se presente á primeira edición das actas será avaliado na segunda edición en xullo de 2021 mediante unha proba única que terá as mesmas características que a proba única da primeira edición das actas: 1) Exame escrito (80% da nota final da materia), que terá as seguintes partes: Use of English (40%), Writing (20%), Reading (20%), Listening (20%). Para aprobar a materia, no exame escrito será necesaria unha nota mínima de 5. 2) Exame oral (20% da nota final da materia). Para aprobar a materia, no exame oral haberá que obter unha nota mínima de 5. Os exames da segunda edición das actas non realizados contarán coma un “0” á hora de calcular as medias. A data desta proba de xullo 2021 será fixada pola facultade e publicada na súa páxina web. De non superar a materia en xullo de 2021, o/a alumno/a deberá examinarse da totalidade da materia en cursos académicos posteriores, xa que as partes superadas carecerán de validez para datas posteriores.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000